Fortunato Carreras Trigo

funcionario e político galego

Fortunato Carreras Trigo, nado no Rosal cara a 1902 e finado na Coruña o 21 de novembro de 1936, foi un funcionario e político galego.

Infotaula de personaFortunato Carreras Trigo
Biografía
Nacemento1902 Editar o valor em Wikidata
O Rosal, España Editar o valor em Wikidata
Morte21 de novembro de 1936 Editar o valor em Wikidata (33/34 anos)
Cárcere da Coruña, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónfuncionario , político Editar o valor em Wikidata
Familia
FillosJuan José Carreras Ares Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Oficial de Telégrafos da Central da Coruña. Foi nomeado interventor da estación de radio costeira da Coruña en 1933,[1] e foi xefe da Estación Radiotelegráfica costeira en 1936.[2] Militante de Izquierda Republicana. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido. Xulgado na Coruña en consello de guerra por rebelión militar, foi condenado a pena de morte. Detido na Prisión Provincial da Coruña, tentou fugarse, sendo abatido polos sentinelas o 21 de novembro de 1936.[3] Abríronlle expediente no Tribunal Especial para la Represión de la Masonería y el Comunismo.[4]

Vida persoal editar

Casou na Coruña con Josefina Ares Montes en 1927,[5] e foi pai de Juan José e María Dolores Carreras Ares.

Notas editar

  1. El Ideal gallego, 3-10-1933, p. 6.
  2. La Voz de Galicia, 15-7-1936, p. 2.
  3. "Un dramático suceso en la cárcel", La Voz de Galicia, 22-11-1936, p. 2.
  4. Ficha de encausado de Fortunato Carreras Trigo
  5. La Voz de Galicia, 4-12-1927, p. 4.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar