Abrir o menú principal

Campus Universitario de Pontevedra

(Redirixido desde "Campus de Pontevedra")

Coordenadas: 42°26′25″N 08°38′13″O / 42.44028, -8.63694

Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte.

O Campus Universitario de Pontevedra é un recinto que acolle varios centros educativos da Universidade de Vigo. Está situado na cidade de Pontevedra, á beira do Lérez, en terreos construídos con recheos sobre as xunqueiras do río, se ben tamén adoita incluír no campus tres edificios situados no centro da cidade. En 2006 o alumnado conformábano 3.452 persoas.

HistoriaEditar

En 1990 a Universidade de Vigo segregouse oficialmente da Universidade de Santiago de Compostela. Nese mesmo ano comezou a funcionar en Pontevedra a Facultade de Belas Artes, no antigo cuartel de San Fernando. En 1991 comezou a funcionar a Escola de Enxeñaría Técnica en Industrias Forestais. En 1992 homologouse o plan de estudos da Escola Universitaria de Enfermaría. En 1993 abriu a Facultade de Ciencias Sociais, e pouco despois a Escola Universitaria de Fisioterapia.

A antiga Escola Universitaria de Formación de Profesorado de EXB pasou xa en 1991 a ofrecer catro novas titulacións especializadas: Mestre en Educación Infantil, en Educación Primaria, en Educación Física e en Educación Musical. Porén, non foi ata 2006 cando se inaugurou a nova facultade, impartíndose até entón as clases na vella escola de Maxisterio.

EdificiosEditar

Galería de imaxesEditar

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar