Facultade de Fisioterapia de Pontevedra

centro de ensino universitario en Pontevedra
Facultade de Fisioterapia de Pontevedra

Vista do edificio da facultade
Universidade: Universidade de Vigo
Localización: Pontevedra
Campus: Pontevedra
Enderezo: Campus da Xunqueira
36005
Ano de fundación: 20 de novembro de 1998
Decano: Mercedes Soto
Docentes: 22
Estudantes: 224[1].
Teléfono: 986801750
Correo electrónico: sdfisioterapia@uvigo.es
Páxina web: facultadefisioterapia pontevedra

A Facultade de Fisioterapia de Pontevedra é un centro educativo universitario da Universidade de Vigo, con sede en Pontevedra, no campus da Xunqueira.

Historia

editar

A implantación dos estudos de Fisioterapia en Pontevedra foi autorizada en 1993 polo decreto 192/1993, do 29 de xullo, no seu artigo 20, no que aparecían integrados na tamén de nova creación facultade de Ciencias Sociais da cidade.[2]

Con todo, a implantación da titulación de fisioterapia no Campus Universitario de Pontevedra fíxose finalmente efectiva en outubro de 1995, data na que empezaron as clases desta carreira universitaria na Facultade de Ciencias Sociais. [3]

En 1998 a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria creou polo decreto 346/1998, do 20 de novembro, no seu artigo 7, a Escola Universitaria de Fisioterapia de Pontevedra, segregando as ensinanzas de fisioterapia da facultade de Ciencias Sociais na que estiveran albergadas ata ese momento.[4]. As clases pasaron a impartirse provisionalmente na Escola de Enxeñaría Forestal ata o ano 2000 en que foi inaugurado o novo edificio da facultade[3] deseñado polo arquitecto José Ramón Rúa Rodríguez no campus da Xunqueira, que se convertería na súa sede definitiva.[1][5]

En 2009 aprobouse un novo plan de estudos de grao e en 2011 a escola universitaria de Fisioterapia converteuse en facultade de Fisioterapia polo decreto 14/2011, do 3 de febreiro, como disposto no seu artigo segundo.[6]

Titulacións

editar
  • Grao en Fisioterapia.[1]

Como estudos de posgrao acolle o seguinte máster:

  • Máster Universitario en Exercicio Terapéutico en Fisioterapia,[7] para o que se ofrecen 20 prazas.[8][9]
 
A facultade moi preto do parque da Illa das Esculturas.

Equipo decanal

editar

A decana da facultade é Mercedes Soto e a videdecana Iria da Cuña. A secretaria é Rocío Abalo.[8]

Actividades

editar

A facultade ten convenios con distintos centros privados e co Servizo Galego de Saúde, para a realización do Prácticum Clínico. Tamén conta con acordos con diversos países europeos para acoller alumnos Erasmus, e mantén convenios con 6 universidades españolas e acordos puntuais con universidades iberoamericanas.[1]

Cultura

editar

O patrón da facultade é santo Aquiles e a facultade celebra a súa festividade no mes de abril.[10]

Alumnos que estudaron na facultade

editar

Galería

editar
  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 "Fisioterapia, mucho más que masajes y una salida casi segura". La Voz de Galicia (en castelán). 26 de febreiro de 2012. 
  2. "DECRETO 192/1993, do 29 de xullo, polo que se axustan titulacións impartidas na Comunidade Autónoma, se concede autorización de novos estudios e se crean máis centros no sistema universitario de Galicia.". Diario Oficial de Galicia. 17 de agosto de 1993. 
  3. 3,0 3,1 "La escuela de Fisioterapia cumple diez años en el campus de Pontevedra". La Voz de Galicia (en castelán). 10 de xuño de 2006. 
  4. "DECRETO 346/1998, do 20 de novembro, polo que se crean centros e se concede autorización para implantar estudios conducentes ás titulacións que se citan, no sistema universitario de Galicia.". Diario Oficial de Galicia. 4 de decembro de 1998. 
  5. "Buenas instalaciones y sinergias para paliar la falta de espacio". La Voz de Galicia (en castelán). 12 de xaneiro de 2016. 
  6. "DECRETO 14/2011, do 3 de febreiro, polo que se suprime, se crea e se modifica a denominación de centros universitarios na Universidade de Vigo.". Diario Oficial de Galicia. 14 de febreiro de 2011. 
  7. "Fisioterapia ampliará la formación de sus titulados en Pontevedra con su primer máster". La Voz de Galicia (en castelán). 22 de abril de 2022. 
  8. 8,0 8,1 "Mercedes Soto, decana en funciones de la Facultade de Fisioterapia del campus de Pontevedra". La Voz de Galicia (en castelán). 24 de xuño de 2022. 
  9. "Un máster en Fisioterapia, único título que estrenará el campus de Pontevedra". La Voz de Galicia (en castelán). 28 de agosto de 2022. 
  10. "Fisioterapia celebra o seu patrón, Santo Aquiles". Pontevedra Viva. 9 de abril de 2015. 

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar