Víctor Coyote

músico, actor e artista galego


Víctor María Aparicio Abundancia, máis coñecido como Víctor Coyote, nado en Tui en 1958, é un artista polifacético galego.

Infotaula de personaVíctor Coyote
Biografía
Nacemento1958 Editar o valor em Wikidata (65/66 anos)
Tui, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmúsico , artista de banda deseñada Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm0185461 Discogs: 967174 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

En 1981 comezou a súa carreira musical, coincidindo coa movida viguesa e coa movida madrileña. Movementos culturais a medio camiño entre o underground e a cultura de masas.

Nesa primeira etapa que se inicia en 1979 formou parte do grupo Los Coyotes, que liderou a canda Fernando Gilabert. Desta formación tomou o seu alcume Victor Coyote. A partir de 1988 o grupo muda de nome, e pasa a chamarse Los Coyotes de Víctor Abundancia, co que gravan Esta noche me voy a bailar, un dos seus grandes éxitos.

Posteriormente continuou a súa carreira en solitario, tanto con alcume de Víctor Coyote coma co de Víctor Abundancia. Achegouse ó público infantil galego a través das súas colaboracións no programa Xabarín Club, para o que gravou temas coma "Pode ser", que aparece na compilación A Cantar con Xabarín. Ademais, o seu tema "Jaguarundi" foi o tema escollido por TVE como banda sonora da Vuelta Ciclista a España de 1995.

Ademais de á música, tense dedicado tamén ó deseño e á pintura, e ten traballado en multitude de exposicións, mostras, gravacións e traballos audiovisuais. Como actor, fixo pequenos papeis en varios filmes.

Obra editar

Con Los Coyotes editar

  • Extraño corte de pelo (EP, 1982)
  • Ella es tan extraña (maxisingle, 1983)
  • Aquí estoy de nuevo (single, 1983)
  • El mono (maxisingle, 1984)
  • Mujer y sentimiento (LP, 1985). Deste álbum extrae tamén Como un extranjero (single, 1985), cun tema novo.
  • Las calientes noches del barrio (LP, 1987). Deste álbum extrae La estación del amor (single, 1987).
  • De color de rosa (LP, 1988). Deste álbum extrae De color de rosa (maxisingle, 1988), e Esta noche me voy a bailar (maxisingle, 1989).
  • Puro semental (LP, 1989), dos que extrae El típico español (single en 1990 e maxisingle en 1990), e Corazón de reloj (single, 1990)

Recompilatorios editar

  • Tocando sus éxitos (LP, 1991, que inclúe un tema novo titulado Aguas bravas. Precisamente desa peza publica un single Aguas bravas, en 1991.
  • Amor de hermano (CD, 1996)
  • 300 kg (disco-libro, 2004).
  • La estación fantasma. Grabaciones completas de la Era Punkabilly 80-85 (vinilo, 2009).

Como Víctor Coyote editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar