Franc3s

banda galega de noise rock con membros procedentes de Carballo e Vilalba

Franc3s é unha banda galega de noise rock con membros procedentes de Carballo e Vilalba. O seu nome foi elixido polo seu gusto pola actriz Frances Farmer, a cantante Frances McKee (The Vaselines) e a artista circense Frances O’Connor.[1]

Franc3s
OrixeCarballo e Vilalba, Galiza
Período2008 - 2013
Xénero(s)noise rock, pop punk
Selo(s) discográfico(s)Los Enanos Gigantes
MembrosMaría Costa
Patricia Bermúdez
Alberto M. Vecino
Na rede
http://franc3s.blogia.com/
Facebook: FRANC3S-43587945546 Musicbrainz: 51745be8-4904-4ce1-b4fd-bc50329983ad Discogs: 2653098 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Ao pouco de formarse a banda comezou a gravar demos e no ano 2008 publicaron o seu primeiro EP, Franc3s. Ese ano a revista Rockdelux falou deles como a revelación do Festival do Norte 2008, e foron entrevistados no programa Disco Grande de Radio 3.

No ano 2009 editaron o seu segundo EP, La exhibición de atrocidades, e un ano despois asinaron co selo Los Enanos Gigantes para editar o que sería o seu primeiro álbum. Franc3s foi lanzado a principios do ano 2011, e nel contan coa colaboración de Marina Gómez de Klaus & Kinski, Rodrigo Caamaño e Isa Cea de Triángulo de Amor Bizarro ou Florent e Eric Jimenez de Los Planetas entre outros. O disco foi gravado analoxicamente nos Estudios Brazil con Fino Oyonarte (Clovis, Los Enemigos), optando por un son lo-fi.[2]

A banda falou de plans para empezar a gravar novos temas, cunha sonoridade máis pop, a partir de outubro de 2011, e para comezar a realizar novos concertos a partir do mes de novembro[3]. No ano seguinte Franc3s lanzou o seu segundo álbum de estudio, Campanas de fuego rosa, producido por Rodrigo Caamaño.[1]

Franc3s disolveuse no ano 2013[4] despois de publicar o sinxelo "El sentido de la lucha", dedicado ao seu amigo o pintor e deseñador gráfico Alberto Gende, falecido en 2012.[1] Antes da disolución da banda Alberto M. Vecino decidira formar un proxecto con Gende, e tras a súa morte uniuse ao seu irmán, Diego Gende, e a Rubén Domínguez de Telephones Rouges para formar Chicharrón.[5]

Membros editar

  • María Costa - batería e voz.
  • Patricia Bermúdez- sintetizadores e voz.
  • Alberto M. Vecino - guitarra e voz.

Discografía editar

Álbum Ano Selo Notas
Franc3s 2008 autoeditado EP
La exhibición de atrocidades 2009 autoeditado EP
Franc3s 2011 Los Enanos Gigantes álbum
"Campanas de fuego rosa" 2012 Limbo Starr sinxelo

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 Bio en lafonoteca.net
  2. "reseña de Franc3s en muzikalia.com". Arquivado dende o orixinal o 25 de outubro de 2011. Consultado o 07 de outubro de 2011. 
  3. "Entrevista en desconcierto.com". Arquivado dende o orixinal o 07 de outubro de 2011. Consultado o 07 de outubro de 2011. 
  4. "FRANC3S - FRANC3S se disuelve. Gracias a todos los que nos habéis apoyado, y sobre todo a Limbo Starr.". www.facebook.com. Consultado o 2023-11-10. 
  5. "Chicharrón - La Fonoteca" (en castelán). Consultado o 2023-11-10. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar