Festival do Norte

festival de música celebrado en Galicia entre 2000 e 2015

O Festival do Norte (FDN) foi un festival de música pop, rock, indie e electrónica principalmente, que se celebrou dende o ano 2000 até o ano 2015 en Galicia. Vilagarcía de Arousa acolleu tódalas edicións agás tres: unha en Santiago de Compostela (no ano 2003) e outras dúas (nos anos 2014 e 2015) na Illa de Arousa. A súa duración era de dous días, un venres e mais un sábado, e adoitaba ser no mes de maio. Porén, nas últimas edicións, o festival tivo lugar en xullo durante tres días. No ano 2016 non se celebrou, sendo substituída polo Atlantic Fest[1][2].

The Vaselines no Festival do Norte 2011

As edicións do festival en Vilagarcía realizáronse no recinto feiral Fexdega, con capacidade para miles de persoas. A organización correu a cargo de Producciones Independientes Culturales, e os principais patrocinadores dos seus derradeiros anos foron Caixanova e Estrella Galicia, aínda que na última edición se instalou unha carpa de ensaio de Movistar. Os seus directores foron Toño Caneda e Pablo Bandín[3].

Polos seus escenarios pasaron grupos de sona coma Bunbury, Pereza, Placebo, Vetusta Morla, Deluxe, Russian Red, Triángulo de Amor Bizarro ou The Sunday Drivers entre moitos outros.

FDN 00 (primeira edición) editar

Celebrouse en Vilagarcía de Arousa, no pavillón de Fontecarmoa[4], que presentou notables problemas de son, a dicir da propia organización. Celebrouse entre os días 23 e 24 de xullo do 2000, sendo a única vez que tivo lugar entre semana (luns e martes), sen dúbida aproveitando a ponte festiva do Apóstolo. Contou coa presenza dos granadinos Los Planetas,[5] Fangoria, Chucho, Telephunken, Molotov, Los Enemigos, Elephant Band e Moop, entre outros.

FDN 01 (segunda edición) editar

Esta edición do Festival do Norte tivo críticas dispares no organizativo[6][7], porén contou cunha boa representación do indie nacional. Coa intención de arranxar os problemas de son do ano anterior, celebrouse no recinto da Fexdega[8][9] e participaron Deluxe, Sidonie, Automatics, Sexy Sadie, Gus Gus DJ's, Astrud, Cooper, Czerkinsky, Los Planetas, Mastretta e Le Grand David, así como os alemáns Stereo Total e Le Hammond Inferno[10]. Celebrouse, a diferenza da meirande parte das edicións seguintes, no mes de agosto de 2001, entre o 10 e o 11 de agosto. Foi organizado pola revista Vibraciones Pop[11] e dirixido por Toño Caneda[12].

FDN 02 (terceira edición) editar

A terceira edición tamén tivo lugar en Vilagarcía de Arousa, como «unha das referencias da música indie»[13]. Formaron parte do cartel músicos como Manu Chao[14], Psicofónica de Conxo, Kozzmic Muffin, Cinnamon Gum, Mercromina, Nosoträsh, Astrud, Volován, Lamatumbá, Nilo MC e La Habitación Roja. Actuaron na Praza da Pescadería, e algúns grupos no Instituto Castro Alobre.

FDN 03 (cuarta edición) editar

Nesta ocasión o festival mudou de cidade (pasou a celebrarse en Santiago de Compostela), de datas (tivo lugar entre o 31 de outubro e o 1 de novembro de 2003, sábado e domingo) e mesmo de nome, alcumándose Santirock[15]. Participaron nesta edición, segundo o cartel oficial, Placebo, Frank Black, Elbow, Deluxe, Serafin, Jupiter Moon, Luxury 54, Second, Dorian, Suede, Hoggboy, La Buena Vida, Chucho, Ellos, Clovis, Ama, Grado 33 e Heike, mais varios djs. O auditorio escollido foi o Pavillón Multiúsos Fontes do Sar[16].

FDN 05 (quinta edición) editar

A celebración do festival volveu a Vilagarcía de Arousa neste ano[17], participando Orishas, Macaco, Amparanoia, Kiko Veneno, O’Funk’Illo, Bunbury, Josele Santiago, Los Delinquentes, La Excepción, Carlos Jean, Fundación Tony Manero, Sidonie, Pereza, Lamatumbá, Vado Permanente, Heissel, Steelwood, Pedro Granell, Cornelius, Capitán Sonoro, Overlook e Niño y Pistola. Celebrouse no recinto exterior de Fexdega do 13 ao 15 de maio[18].

FDN 06 (sexta edición) editar

Nesta edición participaron, entre outros, Placebo, Tokyo Sex Destruction, Nacho Vegas y las esferas invisibles, Second, The Unfinished Sympathy e Meu.

FDN 07 (sétima edición) editar

Participaron: Travolta, Fernando Alfaro y Los Alienistas, The Sunday Drivers, Astrud, Delorean, Grupo de Expertos Solynieve, Sr. Chinarro, Lori Meyers, Deluxe e CatPeople.

FDN 08 (oitava edición) editar

Nese ano actuaron: The Blows, Humbert Humbert, Sidonie, 1990s, Broken Social Scene, The Right Ons, Standard, La Habitación Roja, Triángulo de Amor Bizarro e Sons and Daughters entre outros.

FDN 09 (novena edición) editar

Celebrouse o 1 e 2 de maio do 2009 e nesta ocasión participaron: Herman Dune, The Whip, Love of Lesbian, X-Wife, Templeton, Ragdog, Russian Red, Manos de topo, Nouvelle Cuisine, Florent y Yo, Isra Dj (venres) e The Rumble Stripes, Vetusta Morla, Delorean, Standstill, Cuchillo, Havalina, La buena vida, Extraperlo, Noise Project, e Rober Bodegas Dj (sábado).

FDN 10 (décima edición) editar

Nesta edición, que tivo lugar os días 30 de abril e 1 de maio de 2010, participaron Nada Surf, Fanfarlo, We Are Standard, Dorian, Munich, Klaus & Kinski, Hola a Todo el Mundo, Emilio José, Clovis DJ's e DJ Lagartija o venres, e Los Planetas, Pete & The Pirates, El Guincho, JJ, Nudozurdo, La Bien Querida, Los Punsetes, Carrero Bianco, DJ Polar e DJ Poti o sábado.

FDN 11 (undécima edición) editar

Esta edición celebrouse os días 6 e 7 de maio de 2011 e nela participaron: !!!, Peter Hook, The Vaselines, London Guns, May68, Triángulo de Amor Bizarro, Delafé y las flores azules, Sexy Sadie, Chapel Club, Ellos, Mirrors, Pony Bravo, Nadadora, Joe Crepúsculo, Franc3s, McEnroe, Srasrsra e Diadermine.

FDN 12 (duodécima edición) editar

Tivo lugar os días 27 e 28 de abril no Recinto Exterior do Fexdega, en Vilagarcía de Arousa. O venres 27 actuaron Dirty Socks, Varry Brava, Klaus & Kinski, Pegasvs, La Casa Azul, Los Enemigos, Love of Lesbian, Rafa Morcego e DJ Amable. Pola súa banda, o sábado 28 actuaron Disco Las Palmeras!, Los Pilotos, Nancys Rubias, Polock, El Columpio Asesino, Lori Meyers, Fangoria, Sandrita Dinamita DJ e Hangtheguille.

Cada un dos días pasaron polo festival unhas 9.000 persoas segundo a organización[19].

FDN 13 (décimo terceira edición) editar

Esta edición celebrouse os días 17 e 18 de maio de 2013 no Recinto Exterior do Fexdega. O venres 17 actuaron Pedrito Diablo y los Cadaveras, Jane Joyd, Sr. Chinarro, Tórtel, Guadalupe Plata, The Primitives, Xoel López, La Habitación Roja, Triángulo de Amor Bizarro, Dorian, Miqui Puig e Faber. Pola súa banda, o sábado 18 actuaron Aurora, Mvnich, Novedades Carminha, Aerolineas Federales, Estereotypo, Delorentos, Delafé y las Flores Azules, Dover, Toy, We are Standard, DJ Amable e GatoTV e Nano Vinilo DJ.

Este ano o orzamento foi de 380.000 euros[20] e en total pasaron polo festival unhas 12.000 persoas entre os dous días[21].

FDN 14 (décimo cuarta edición) editar

Esta edición celebrouse os días 3,4 e 5 de xullo de 2014 na Illa de Arousa[22] e nela participaron: The Horrors, Digitalism (DJ Set), KAKKMADDAFAKKA, Is Tropical, Lori Meyers, The pains of being pure at heart, Verónica Falls, Russian Red, The Wave Pictures, L.A., Austra, We have band, Satellite Stories, El último vecino, Linda Guilala, la bien querida, Templetone, Oso Leone, Músculo!, Igloo, Sleeping Cat, Wild Balbina, La 4 pared, Quilma, Dj Amable, DJ Capo, Desconcierto DJ´s, Curtis inthekitchen, Maribel y Sebastián DJ´s,Rafa Morcego (A Reixa), Isaac Torgal e Schulz.

FDN 15 (décimo quinta edición) editar

Celebrouse os días 3, 4 e 5 de xullo na Illa de Arousa e tocaron Hercules & Love Affair, Glass Animals, Standstill, Dorian, Grupo de Expertos Solynieve, Neil Halstead, Other Lives, Javiera Mena, Broncho, Los Punsetes, Fernando Alfaro, Hidrogenesse, Polock, Cooper, Perro, Trajano!, Alex Casanova, Chicharrón, Cazador, White Bats, Amable & Viktor Ollé, Dj Maadraassoo, Isaac Torgal e Dj Pinche.

Notas editar

  1. A. Gago (20-1-2016). "El nuevo "Atlantic Fest" toma el relevo del Festival do Norte en A Illa de Arousa". Faro de Vigo (en castelán) (Vigo). Consultado o 19-5-2017. La ruptura de la sociedad que conformaba el Festival do Norte no va a ser un problema para A Illa, que durante el primer fin de semana de julio tendrá garantizada la celebración de un festival de música alternativa. 
  2. Javier Becerra (3-6-2016). "(Atlantic Fest) El «indie» pasa de ser juvenil a familiar". La Voz de Galicia (en castelán) (A Coruña). Consultado o 19-5-2017. El Festival do Norte ya es historia. De sus cenizas nace el Atlantic Fest con una intención: adaptar la misma pasión por la música a un formato más amplio. 
  3. "A trastenda do Festival do Norte". ponte.tv. Arquivado dende o orixinal o 28 de abril de 2012. Consultado o 20 de maio de 2017. 
  4. "Fontecarmoa ultima los preparativos para acoger el primer Festival do Norte". La Voz de Galicia (en castelán) (Vilagarcía de Arousa). 23-7-2000. Consultado o 19-5-2017. 
  5. "Vuelven «Los Planetas»". La Voz de Galicia (en castelán). 2001-08-08. Consultado o 2023-03-04. 
  6. Emrique Martínez. "Festival do Norte. Vilagarcía de Arousa 10/11 Agosto 2001". sysvisions.com (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 21-01-2021. Consultado o 19-5-2017. 
  7. Lorena Seijo (10-8-2001). "No importa el origen, sólo la música". La Voz de Galicia (en castelán) (Vilagarcía de Arousa). Consultado o 19-5-2017. 
  8. Lorena Seijo (8-8-2001). "Punto de referencia, Benicàssim". La Voz de Galicia (en castelán) (Vilagarcía de Arousa). Consultado o 19-5-2017. 
  9. Lorena Seijo (10-8-2001). "Pros y contras del sentir alternativo". La Voz de Galicia (en castelán) (Vilagarcía de Arousa). Consultado o 19-5-2017. 
  10. "Los grupos foráneos, mejor que los nacionales. Festival do Norte". La Voz de Galicia (en castelán) (A Coruña). 12-8-2001. Consultado o 19-5-2017. 
  11. "Festival DO NORTE. Vilagarcía de Arousa (Pontevedra) (10-11 de Agosto de 2001)". elplanetaamarillo.com (en castelán). 12-8-2001. Consultado o 19-5-2017. 
  12. Lorena Caneda (29-7-2001). "«El festival es un riesgo, mezcla de grupos poperos y músicas avanzadas»". La Voz de Galicia (en castelán) (Vilagarcía de Arousa). Consultado o 19-5-2017. 
  13. Enrique Lapido (19-7-2002). "El Festival do Norte hace de Vilagarcía el epicentro de la música independiente". La Voz de Galicia (en castelán) (Vilagarcía de Arousa). Consultado o 19-5-2017. 
  14. "Manu Chao cerró la tercera edición del Festival do Norte". La Voz de Galicia (en castelán) (Vilagarcía de Arousa). 20-7-2002. Arquivado dende o orixinal o 30-9-2018. Consultado o 19-5-2017. 
  15. M. B. (11-9-2003). "Placebo y Suede encabezarán elcarteldel renacido Santirock a finales de octubre". La Voz de Galicia (en castelán) (A Coruña). Consultado o 19-5-2017. 
  16. "Santirock 2003". last.fm (en castelán). Consultado o 19-5-2017. 
  17. Ángel Varela (12-5-2005). "El Festival do Norte reunirá a unas 10.000 personas durante tres días". La Voz de Galicia (en castelán) (A Coruña). Consultado o 19-5-2017. 
  18. "Grupos participantes en el Festival do Norte 2005". turvilagarcia.com (en castelán). 
  19. Festival do Norte 2012 Arquivado 05 de marzo de 2016 en Wayback Machine. desconcierto.com, 03/05/2012 (en castelán)
  20. 24 grupos e 5 DJ's para un Festival do Norte que agarda atraer a máis de 17.000 persoas pontevedraviva.com, 10/05/2013.
  21. Toy e Delafé, grandes triunfadores dun Festival do Norte que superou con creces as expectativas pontevedraviva.com, 20/05/2013
  22. Fernando de Arana (3-7-2014). "Entrevista: Antonio Caneda @ Director del Festival Do Norte". Desconcierto.com (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 07-07-2014. Consultado o 19-5-2017. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar