Daniel de la Torre
Daniel de la Torre Alvaredo, coñecido como Dani de la Torre, nado en Monforte de Lemos en 1975[1], é un director, realizador e guionista galego.
Daniel de la Torre | |
---|---|
![]() | |
Nome completo | Daniel de la Torre Alvaredo |
Nacemento | 1975 |
Lugar de nacemento | Monforte de Lemos |
Nacionalidade | España |
Ocupación | director de cinema, guionista e montador |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Traxectoria Editar
Despois de estudar Imaxe e Son en Ourense, filmou diversas curtametraxes, como Minas (2004), Lobos (2004) e Bos días (2006). En 2010 dirixiu e co-escribiu a mini-serie de dous episodios Mar libre, interpretada por Miguel de Lira, Luis Zahera e José Ángel Ejido, entre outros.[2]
En 2015 dirixiu a súa primeira longametraxe, O descoñecido[3], cun guión de Alberto Marini e que contou coas interpretacións de Luís Tosar, Elvira Mínguez, Javier Gutiérrez e Goya Toledo, entre outros, que foi rodada na Coruña. O filme levou doce galardóns nos Premios Mestre Mateo 2015, incluídos mellor filme, mellor director e mellores actores e actrices protagonistas e secundarios.[4] Ademais gañou dous Premios Goya (mellor montaxe e mellor son) e tivo oito candidaturas, incluída a de mellor director novel para Dani de la Torre.[5]
En 2018 dirixiu a curtametraxe Álex y Julia, para Estrella Damm, con Michelle Jenner e Oriol Pla. Logo dirixiu o filme A sombra da lei, con guión de Patxi Amezcua e protagonizada de novo por Luís Tosar, xunto con Michelle Jenner, Vicente Romero e Manolo Solo entre outros. A película gañou tres Premios Goya (mellor fotografía, dirección artística e deseño de vestiario)[6] e dez Premios Mestre Mateo, incluído o de mellor película e o segundo premio ó mellor director para de la Torre.[7]
Filmografía Editar
Cine Editar
- O descoñecido (2015)
- A sombra da lei (2018)
Televisión Editar
- Mar Libre (2010)
Curtametraxes Editar
- Minas (2004).
- Lobos (2004).
- Bos días (2006).
- Álex y Julia (2018).
Notas Editar
- ↑ Ficha "Dani de la Torre" en AVG.
- ↑ "“Mar Libre” acada un novo premio á Mellor Serie de TV no Euro Filme Festival de Marbella". CRTVG. 10 de novembro de 2011. Consultado o 25 de outubro de 2019.
- ↑ Ficha da película en IMDb (en inglés).
- ↑ "“O Descoñecido” colleita doce premios Mestre Mateo". 25 de abril de 2016. Consultado o 25 de outubro de 2019.
- ↑ "Goyas para Coira y «El desconocido»". La Voz de Galicia (en castelán). 7 de febreiro de 2016. Consultado o 25 de outubro de 2019.
- ↑ "Luis Zahera y "La sombra de la ley" se traen cuatro premios Goya para Galicia". El Ideal Gallego (en castelán). 3 de febreiro de 2019. Consultado o 25 de outubro de 2019.
- ↑ "'A sombra da lei' triunfa nos Mestre Mateo con 10 premios". praza.gal. 3 de marzo de 2019. Consultado o 25 de outubro de 2019.
Este artigo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
|