Trece badaladas (filme)
Trece badaladas (en castelán: Trece campanadas) é un filme galego dirixido por Xavier Villaverde que se estreou no 2002 e foi rodado orixinalmente en lingua castelá. Está libremente baseado na novela Trece badaladas de Suso de Toro. Editada en DVD en 2003 co son en galego.
Trece badaladas | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Trece campanadas |
Director | Xavier Villaverde |
Produtor | Pancho Casal Gerardo Herrero Tedy Villalba Julio Fernández José Maceda |
Guión | Curro Royo Juan Vicente Pozuelo Xavier Villaverde |
Baseado en | Trece badaladas de Suso de Toro |
Intérpretes | Juan Diego Botto Luís Tosar Marta Etura |
Música | Javier Navarrete |
Fotografía | Javier Salmones |
Montaxe | Carmen Frías |
Estudio | Tornasol Films Continental Castelao Productions Ensueño |
Distribuidora | Baños Films Biblos Clube de Lectores Filmax Ignacio Benedeti Cinema S.L. La Voz de Galicia |
Estrea | 2002 |
Duración | 106 minutos |
Orixe | Galicia |
Xénero | Suspense |
Orzamento | 3.000.000 € |
Recadación | 611.971 €[1] |
Na rede | |
Sinopse
editarXacobe, un mozo escultor, volta a Santiago de Compostela -a súa cidade natal- despois de quince anos de ausencia. A razón do seu regreso é o descubrimento de que súa nai, a quen cría morta, está en realidade doente e internada nun psiquiátrico. Pero esta volta vaino obrigar a se enfrontar a un suceso do que leva media vida fuxindo. O encontro co seu pasado levarao ó centro dun pesadelo sen saída, no que descubrirá algo terrible: El é a peza fundamental nun labiríntico plan.
Personaxes
editar- Juan Diego Botto como Xacobe
- Luís Tosar como Mateo
- Marta Etura como María
- Elvira Mínguez como Carmen
- Laura Mañá como Claudia
- Rosa Álvarez como Aura
- Diego Infante como Raúl
- Gonzalo Uriarte como Sacerdote
- David Álvarez como Xacobe de neno
- Ernesto Chao como Inspector
Galardóns e nomeamentos
editarAno | Categoría | Receptor | Resultado |
---|---|---|---|
2ª edición | Mellor filme | Xavier Villaverde | Gañador |
Mellor director | Xavier Villaverde | Nomeado | |
Mellor actor | Luís Tosar | Gañador | |
Mellor actriz secundaria | Rosa Álvarez | Nomeado | |
Mellor guión | Xavier Villaverde | Nomeado |
Notas
editar- ↑ Catálogo ICAA (ed.). "Ficha da ICAA de O que arde". Consultado o 17 de febreiro de 2020.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- González Herrán, José Manuel e Tarrío Varela, Anxo (2002). “Encontro en Compostela con Xabier Villaverde e Suso de Toro”, Boletín Galego de Literatura, 27, 237-261.
- López López, Yolanda (2003). “Trece badaladas: falseando as pedras de Compostela baixo a chuvia”, Madrygal, 6, 69-73.
- Royo, Curro, Pozuelo, Juan Vicente & Villaverde, Xavier (2003). Trece campanadas: Guión cinema- tográfico. Madrid: Ocho y Medio.