Concursante

filme de 2007 dirixido por Rodrigo Cortés

Concursante é unha produción galega estreada en 2007 e rodada o ano anterior. Está dirixida e protagonizada polos ourensáns Rodrigo Cortés e Miryam Gallego respectivamente.

Concursante
Ficha técnica
Título orixinalConcursante
DirectorRodrigo Cortés
IntérpretesLeonardo Sbaraglia, Chete Lera, Miryam Gallego, Fernando Cayo, Myriam de Maeztu, Luis Zahera, Patricia Arizmendi, Guillermo Barrientos, Nadia Casado, Ángel González Quesada, Amaia Lizarralde, Juan Jesús Valverde
Estrea2007
OrixeGalicia Galicia
Na rede
IMDB: tt0447907 Filmaffinity: 525053 Allocine: 131805 Rottentomatoes: m/contestant Allmovie: v413804 Editar o valor em Wikidata

Sinopse editar

Esta película conta a historia dun profesor universitario, Martín (Leonardo Sbaraglia), que se converte no gañador do galardón máis cuantioso da historia da televisión: un total de tres millóns de euros traducidos en todo tipo de premios. A moza de Martín, Laura (Miryam Gallego) verá nisto unha oportunidade de ouro para cambiar a súa vida e cumprir os seus desexos inmediatos sen pensar nas consecuencias que pode ter a longo prazo.

O que semellaba ser un golpe de sorte e un soño feito realidade pasa a ser un auténtico pesadelo: Facenda queda coa metade dos cartos e ser rico resulta máis caro do que imaxinaba. O protagonista intentará desfacerse de todo o obtido e contará coa axuda dun economista chamado Edmundo (Chete Lera).

Premios e nomeamentos editar

Premios Mestre Mateo editar

Ano Categoría Persoa/s Resultado
2007 Mellor longametraxe Nomeada
Mellor dirección Rodrigo Cortés Nomeado
Mellor interpretación masculina protagonista Leonardo Sbaraglia Nomeado
Mellor interpretación masculina secundaria Chete Lera Nomeado
Luis Zahera Gañador
Mellor guión Rodrigo Cortés Nomeado
Mellor montaxe Guillermo Represa e Rodrigo Cortés Gañadores
Mellor son Sergio Burman, Charlie Schmucler e Fran Gude Nomeados

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar