Abrir o menú principal

Busby Berkeley William Enos, nado nos Ánxeles (California) o 29 de novembro de 1895 e finado en Palm Desert, no mesmo estado, o 14 de maio de 1976 foi un director de cinema e coreógrafo estadounidense, famoso polos seus elaborados números musicais que incluían complexas figuras xeométricas.

Busby Berkeley
Nome completoBusby Berkeley William Enos
Nacemento29 de novembro de 1895
LugarOs Ánxeles (California)
Falecemento14 de marzo de 1976
LugarPalm Desert (California)
SoterradoDesert Memorial Park
NacionalidadeEstados Unidos de América Estados Unidos
Cónxuxe(s)Esther Muir e Merna Kennedy
ProfesiónDirector, coreógrafo
editar datos en Wikidata ]

Índice

TraxectoriaEditar

Berkeley era fillo da actriz teatral Gertrude Berkeley. Entre os amigos da súa nai estaban a actriz Amy Busby e o actor William Gillette, que deron o seu nome ao seu afillado, Busby Berkeley William Enos.[1] Ademais de no teatro, Gertrud traballou no cinema mudo cando Berkeley era un neno. Berkeley debutou no teatro con cinco anos na compañía familiar.

Durante a Segunda Guerra Mundial, Berkeley serviu como tenente de artillería. Na década de 1920 traballou como director de danza para case dúas ducias de musicais de Broadway, con éxitos como A Connecticut Yankee. Como coreógrafo interesáballe máis a posibilidade de realizar coas coristas figuras xeométricas.

Os seus primeiros traballos foron nos musicais de Eddie Cantor para Samuel Goldwyn, onde comezou a desenvolver técnicas como o “desfile de caras” (individualizando cada corista con primeiros planos), e movendo as súas bailarinas polo escenario con figuras caleidoscópicas. Tivo bastante grao de independencia na dirección dos números musicais, distinguíndoos claramente das partes narrativas dos filmes. A súa popularidade entre o público aumentou durante a Gran Depresión cando coreografou catro musicais para Warner Bros.: 42nd Street, Footlight Parade, Gold Diggers of 1933 e Fashions of 1934. Os números foron en ocasións criticados pola explotación da figura feminina e polo seu retrato do colectivismo.

En setembro de 1935 foi o condutor responsable dun accidente automobilístico no que morreron dúas persoas e outras cinco foron feridas de gravidade, entre elas o propio Berkeley. [2] Berkeley, levado ao xuízo nunha padiola,[3] escoitou as testemuñas que falaban do choque e de certo olor a licor. Tras dous xuízos por homicidio en segundo grao nos que o xurado chegou a un punto morto, no terceiro xuízo foi absolto.

En 1939 pasou á dirección de filmes con Fixéronme un criminal, filme de John Garfield. Tras algúns problemas na Metro-Goldwyn-Mayer[4] pasou a 20th Century-Fox en 1943, con The Gang's All Here, co número "Lady in the Tutti-Frutti Hat", de Carmen Miranda. A súa última coreografía foi para o filme de MGM Billy Rose's Jumbo (1962).

A finais da década de 1960 o gusto polo “camp” devolveu os musicais de Berkeley á primeira liña, e entrou entón no circuíto universitario de conferencias. Ao cumprir setenta e cinco anos volveu a Broadway e dirixiu unha nova versión de No No Nanette.

FilmografíaEditar

NotasEditar

  1. Spivak, Jeffrey, Buzz, The Life and Art of Busby Berkeley (University Press of Kentucky, 2010), pp. 6-7.
  2. People, 30 de setembro de 1935, de Time
  3. Choreographer and film director Busby Berkeley being carried into his manslaughter trial on a stretcher Arquivado 15 de xullo de 2012 en Archive.is, fotografía de Los Angeles Times na páxina da biblioteca da UCLA.
  4. Hugh Fordin, The World of Entertainment: The Freed Unit at MGM, 1975

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar