Georges Méliès
Marie Georges Jean Méliès, nado en París o 8 de decembro de 1861 e finado o 21 de xaneiro de 1938, foi un realizador de cine francés.
Georges Méliès | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 8 de decembro de 1861 |
París | |
Falecemento | 21 de xaneiro de 1938 |
París | |
Causa | cancro |
Soterrado | Cemiterio do Père-Lachaise |
Nacionalidade | Francia |
Alma máter | Lycée Louis-le-Grand |
Ocupación | actor, director de cine, animador, montador, guionista, magician, cineasta, produtor de cine, director de fotografía e actor de cinema |
Cónxuxe | Jeanne d'Alcy |
Irmáns | Gaston Méliès |
Premios | Cabaleiro da Lexión de Honra e Science Fiction and Fantasy Hall of Fame |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Naceu nunha familia de fabricantes de zapatos de luxo. Despois dos estudios secundarios quere ser pintor, traballa un tempo na empresa do seu pai Jean Louis Stanisla Méliès (decátase alí sobre todo do oficio de mecánico que lle será moi útil a continuación na súa carreira). En 1883 o seu pai enviouno a Londres para perfeccionar alí o seu inglés.
É coñecido polos desenvolvementos que achegou ás técnicas do cine, esencialmente dos argumentos e das falsificacións. É considerado como o pai dos efectos especiais, o primeiro realizador, o creador do primeiro estudo de cine en Francia así como un dos primeiros iniciadores do cine de diversión. O seu filme Le Voyage dans la Lune (1902) converteuse o 30 de maio do 2002 na primeira película incluída no Patrimonio Mundial da UNESCO.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Georges Méliès |