Joseph L. Mankiewicz

director de cine estadounidense

Joseph Leo Mankiewicz, nado en Wilkes-Barre (Pensilvania) o 11 de febreiro de 1909 e finado en Bedford (Nova York) o 5 de febreiro de 1993, foi un director de cine estadounidense.

Modelo:BiografíaJoseph L. Mankiewicz

(1950) Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(en) Joseph Leo Mankiewicz Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento11 de febreiro de 1909 Editar o valor en Wikidata
Wilkes-Barre, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Morte5 de febreiro de 1993 Editar o valor en Wikidata (83 anos)
Bedford, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Causa da morteinfarto agudo de miocardio Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaSt. Matthew's Episcopal Churchyard (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade Columbia (–1928)
Stuyvesant High School (–1924) Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónprodutor de cinema, tradutor, sindicalista, realizador, actor, director de cinema, guionista, produtor Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1929 Editar o valor en Wikidata -
Familia
CónxuxeRose Stradner (1939–1958)
Elizabeth Young (1934–1937) Editar o valor en Wikidata
FillosTom Mankiewicz
 () Rose Stradner Editar o valor en Wikidata
IrmánsHerman J. Mankiewicz Editar o valor en Wikidata
Premios

IMDB: nm0000581 Allocine: 1727 Rottentomatoes: celebrity/joseph_l_mankiewicz Allmovie: p101039 TCM: 121045 TV.com: people/joseph-l-mankiewicz
BNE: XX859853 Discogs: 1309282 WikiTree: Mankiewicz-5 Find a Grave: 6201717 Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

O seu pai, Franz, exiliouse de Alemaña, chegando ós Estados Unidos como profesor no New York City College. De novo comezou a carreira de medicina, na especialidade de psiquiatría, pero unha baixa puntuación nunha materia impediulle terminar eses estudos. Porén, en 1928 conseguiu un diploma en Arte da Universidade de Columbia. Unha vez terminados os estudos, Joseph viaxou a Berlín, onde traballou como correspondente do Chicago Tribune e onde empezou a afeccionarse polo teatro e o cine (naqueles momentos estaba en pleno apoxeo a corrente expresionista do cine alemán). A súa única achega ó cinema alemán foi o de tradutor de intertítulos para a produtora UFA. En 1929 o seu irmán Herman chamouno desde Hollywood, onde traballaba como guionista, e dado que Joseph non se encontraba no seu mellor momento económico, decidiu aceptar a invitación.

Os primeiros pasos no cine estadounidense deunos nos estudios Paramount onde tiña unha labor secundaria e sen apenas relevancia profesional. Pouco despois e xa baixo contrato coa Metro-Goldwyn-Mayer, obtivo o seu primeiro éxito profesional ó colaborar no guión do melodrama negro Manhattan Melodrama (1934) dirixida por W. S. Van Dyke, película que conseguiu o Óscar ó mellor guión orixinal, aínda que o premio foi concedido a Arthur Caesar, xa que foi o que asinou finalmente o guión. Pero aquel primeiro paso deu resultados positivos, que se consolidaron con outros dous guións para o mesmo director pensados como vehículos para o lucimento da actriz Joan Crawford, Forsaking All Others (1934) e I Live My Life (1935).

Alentado polo seu xa exitoso despuntar, intentou que Louis B. Mayer lle deixase dirixir os seus propios guións, pero Mayer sopesaba moi ben a valía de cada un dos seus empregados antes de embarcalos nun proxecto diferente ó que habitualmente desempeñaban. Malia que non cedeu ós seus intentos, si que accedeu porén a nomealo produtor, desempeñando moi notablemente este cargo entre 1935 e 1942, período no que produciu 19 películas para MGM, entre as que destacan Fury (unha alegación contra a intolerancia e o racismo, nunha lectura claramente política dirixida en 1936 por Fritz Lang) e The Philadelphia Story, unha comedia sobre a loita de sexos dirixida por George Cukor en 1940.

Decepcionado por non poder dirixir as súas propias películas, Mankiewicz deixou a MGM e se puxo ó servizo da 20th Century Fox. Neste estudio realizou a súa ópera prima como director, Dragonwyck (1946), dirixindo á fascinante Gene Tierney con secundarios do calibre de Jessica Tandy ou Vincent Price. En 1949 estreou A Letter to Three Wives, película coa que obtivo dous premios Óscar, o de mellor guión adaptado e o de mellor dirección, e que conta coas interpretacións de Kirk Douglas e Linda Darnell, nunha historia tan innovadora como Sunset Blvd. en canto a narrativa fílmica.

O éxito desta película foi referendado ó ano seguinte coa súa seguinte película, un dos considerados clásicos da sétima arte, Todo sobre Eva (1950). Con esta película obtivo seis Óscars, entre eles o de mellor filme, mellor dirección e mellor guión adaptado.

Ata chegar ó que Mankiewicz chamou o seu pesadelo, Cleopatra, sucedéronse outras películas destacadas, como 5 fingers (1951), con James Mason e Dannielle Darrieux; Julius Caesar (1953), con algúns dos mellores actores da época no elenco (Marlon Brando, James Mason, Deborah Kerr, Greer Garson ou Louis Calhern); A condesa descalza (1954), coa mellor actuación de Ava Gardner ata ese momento; Eles e elas (1955), o único musical que dirixiu; o De súpeto, o último verán (1959), adaptación á gran pantalla dunha historia de Tennessee Williams.

Tras un desastroso prólogo en Londres, onde houbo que desbotar todo o material filmado, en setembro de 1961 reiniciouse en Roma a rodaxe da epopea histórica baseada na vida da raíña exipcia Cleopatra, que se prolongou ata 1963. Esta película supuxo a primeira vez que unha actriz (Elizabeth Taylor) cobraba 1 millón de dólares por un traballo cinematográfico, pero os desastres de toda índole que rodearon a preparación e a rodaxe desta película quebrantaron a saúde de Mankiewicz, que necesitou dous anos para se recuperar. Malia a espectacularidade da película, a cinta decepcionou á crítica e público na súa estrea, converténdose nun dos maiores desastres de portelo da historia.

En 1967 dirixiu The Honey Pot, película que foi recibida friamente pola crítica e o público; en 1970 realizou o seu único western, O día dos tramposos; e en 1972 puxo fin á súa carreira cinematográfica filmando a adaptación da obra teatral de Anthony Shaffer, A pegada.

Finou por mor dun ataque ó corazón.

Filmografía

editar

Director

editar
Ano Filme
1946 Dragonwyck
Backfire
Somewhere in the Night
1947 The Late George Apley
O fantasma e a señora Muir
1948 Escape
1949 A Letter to Three Wives
House of Strangers
1950 No Way Out
Todo sobre Eva
1951 People Will Talk
1952 5 Fingers
1953 Julius Caesar
1954 A condesa descalza
1955 Eles e elas
1958 O americano tranquilo
1959 De súpeto, o último verán
1963 Cleopatra
1964 A Carol for Another Christmas
1967 Mulleres en Venecia
1970 King: A Filmed Record... Montgomery to Memphis
O día dos tramposos
1972 A pegada

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar