Eloy Enciso
director e guionista de cinema galego
Eloy Enciso Cachafeiro, nado en Meira en 1975, é un director e guionista de cinema galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1975 (48/49 anos) Meira, España |
Actividade | |
Ocupación | director de cinema, guionista |
Obra | |
Obras destacables
| |
Traxectoria
editarEloy Enciso formouse na escola de cinema de San Antonio de los Baños (Cuba), onde compartiu clase con Mauro Herce, que dirixiría a fotografía das súas tres longametraxes. A súa primeira longametraxe foi Pic-nic (2007), un documental filmado na praia de Benidorm. En 2012 filmou Arraianos, estreada en Locarno e premiada en Buenos Aires (Vanguardia y Género) e en Sevilla (Nuevas Olas). Arraianos, baseada na peza teatral O bosque, de Jenaro Marinhas del Valle, deuno a coñecer internacionalmente.[1]
Filmografía
editar- Cambiando la rueda (Funk the Wheel, 2003, 7')
- Isa003 (2003, 7')
- La clase (2004, 29')
- No tan Buena Vista (2004, 13')
- Pic-nic (2007, 75')
- Arraianos (2012, 66')
- Longa noite (2019, 91')
Notas
editar- ↑ "Eloy Enciso". Atalante.