Longa noite
Longa noite é un filme galego dirixido por Eloy Enciso. Estreouse na sección oficial do Festival Internacional de Cinema de Locarno o 14 de agosto de 2019.
Longa noite | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Longa noite |
Director | Eloy Enciso |
Produtor | Beli Martínez |
Guión | Eloy Enciso |
Intérpretes | Misha Bies Golas Nuria Lestegás Celsa Araújo Verónica Quintela Manuel Pumares Suso Meilán |
Fotografía | Mauro Herce |
Estudio | Filmika Galaika |
Distribuidora | NUMAX Distribución |
Estrea | Festival Internacional de Cinema de Locarno: 14 de agosto de 2019 |
Duración | 93 minutos |
Orixe | ![]() |
Xénero | Drama |
Recadación | 21.718,10 €[1] |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() |
Sinopse
editarO filme está baseado en textos de escritores como Max Aub, Luís Seoane, Alfonso Sastre, Ramón de Valenzuela, Jenaro Marinhas del Valle, José María Aroca, Ángeles Malonda ou Rodolfo Fogwill.[2]
Logo da guerra civil española, Anxo regresa á súa vila natal nunha zona rural de Galicia. Alí atópase cos gañadores e cos vencidos da guerra: unha viúva que non quere lembrar, un comerciante que emigra, un prisioneiro republicano. A entrega dunha carta obriga a Anxo a cruzar a fronteira e adentrarse na longa noite franquista.
Galardóns e nomeamentos
editarAno | Cerimonia | Categoría | Galardoado | Resultado |
---|---|---|---|---|
2020 | 18ª edición dos Premios Mestre Mateo | Mellor filme | Eloy Enciso | Nomeado |
Dirección de produción | Beli Martínez | Nomeado |
Notas
editar- ↑ Catálogo ICAA (ed.). "Ficha da ICAA de Longa Noite". Consultado o 8 de marzo de 2020.
- ↑ "‘Longa noite’ – estreno en cines 5 de diciembre". Audiovisual 451.
Véxase tamén
editarOutros artigos
editarLigazóns externas
editar- Páxina oficial Arquivado 05 de novembro de 2019 en Wayback Machine.
- Longa noite na IMDb (en inglés).