Don Siegel
Donald Siegel, nado en Chicago (Illinois) o 26 de outubro de 1912 e finado en Nipomo (California) o 20 de abril de 1991 foi un director e produtor cinematográfico estadounidense.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 26 de outubro de 1912 Chicago, Estados Unidos de América |
Morte | 20 de abril de 1991 (78 anos) Condado de San Luis Obispo, Estados Unidos de América (pt) |
Causa da morte | cancro |
Lugar de sepultura | California |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Estados Unidos de América |
Relixión | Ateísmo |
Educación | Jesus College |
Actividade | |
Ocupación | director de cinema , realizador , produtor de cinema |
Período de actividade | 1942 - 1991 |
Lingua | Lingua inglesa |
Familia | |
Cónxuxe | Doe Avedon (1957–1975) Viveca Lindfors (1948–1953) |
Fillos | Kristoffer Tabori () Viveca Lindfors (pt) |
|
Traxectoria
editarDe orixe xudía, estudou en Nova York e en Inglaterra. Durante un tempo estudou belas artes en París, pero abandonouno aos vinte anos para establecerse nos Ánxeles, atopando traballo na Warner Bros. tras coñecer o produtor Hal B. Wallis.
Na compañía chegou a ser xefe do departamento de montaxe, onde dirixiu escenas coma os títulos de créditos de Casablanca. Dirixiu ademais filmes de todos os xéneros, como Invasion of the Body Snatchers (1956), Flaming Star (1960), con Elvis Presley, ou Harry o sucio (1971), con Clint Eastwood. O filme Sen perdón, de Eastwood, está dedicado "para Don e Sergio".
Filmografía
editar- Star in the Night (1945)
- The Verdict (1946)
- Night Unto Night (1947)
- O gran roubo (1949)
- The Duel at Silver Creek (1952)
- Count the Hours (1953)
- China Venture (1953)
- Riot in Cell Block 11 (1954)
- Private Hell 36 (1954)
- The Blue and Gold (1955)
- Invasion of the Body Snatchers (1956)
- Crime in the Streets (1956)
- Baby Face Nelson (1957)
- Spanish Affair (1957)
- The Gun Runners (1958)
- The Lineup (1958)
- Hound-Dog Man (1959)
- Edge of Eternity (1959)
- Flaming Star (1960)
- Hell Is for Heroes (1962)
- Os asasinos (1964)
- The Hanged Man (1964)
- Stranger on the Run (1967)
- Coogan's Bluff (1968)
- Brigada homicida (1968)
- Death of a Gunfighter (1969)
- Dúas mulas e unha muller (1970)
- As defraudadas (1971)
- Harry o sucio (1971)
- A gran estafa (1973)
- Muíño negro (1974)
- The Shootist (1976)
- Telefon (1977)
- Fuga de Alcatraz (1979)
- Rough Cut (1980)
- Jinxed! (1982)
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Munn, Michael (1992). Robson Books, ed. Clint Eastwood: Hollywood's Loner. Londres. ISBN 0-86051-790-X.