As defraudadas
filme de 1971 dirixido por Don Siegel
As defraudadas (en inglés: The Beguiled) é un filme estadounidense de 1971 dirixido por Don Siegel, e protagonizado por Clint Eastwood e Geraldine Page. O guión foi escrito por Albert Maltz e baséase na novela de 1966 escrita por Thomas P. Cullinan, titulada orixinalmente A Painted Devil. O filme é a terceira das cinco colaboracións que fixeron Siegel e Eastwood, despois de Coogan's Bluff (1968) e Dúas mulas e unha muller (1970), e continuou con Harry o sucio (1971) e Fuga de Alcatraz (1979).[2]
As defraudadas | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | The Beguiled |
Director | Don Siegel |
Produtor | Don Siegel |
Guión |
|
Baseado en | The Beguiled de Thomas P. Cullinan |
Intérpretes | |
Música | Lalo Schifrin |
Fotografía | Bruce Surtees |
Montaxe | Carl Pingitore |
Estudio | The Malpaso Company |
Distribuidora | Universal Pictures |
Estrea | 28 de maio de 1971 |
Duración | 105 minutos |
Orixe | Estados Unidos |
Xénero | Drama erótico |
Recadación | 1 100 000 dólares[1] |
Na rede | |
Estreouse en galego o 6 de maio de 1989 a través da TVG.[3][4]
Personaxes
editar- Clint Eastwood como Comandante John 'McBee' McBurney
- Geraldine Page como Martha Farnsworth
- Elizabeth Hartman como Edwina Dabney
- Jo Ann Harris como Carol
- Darleen Carr como Doris
- Mae Mercer como Hallie
- Pamelyn Ferdin como Amelia 'Amy'
- Melody Thomas como Abigail
- Peggy Drier como Lizzie
- Pattye Mattick como Janie
Notas
editar- ↑ Box Office Information for The Beguiled. Arquivado 8 de novembro de 2017 en Wayback Machine. Box Office Mojo. Consultado o 28 de agosto de 2019.
- ↑ "The AFI Catalog of Feature Films:..The Beguiled". Arquivado dende o orixinal o 11 de marzo de 2016. Consultado o 30 de xullo de 2021.
- ↑ La Voz de Galicia, 6 de maio de 1989. Páx. 71
- ↑ Versión en galego (ed.). "As defraudadas na TVG". Consultado o 30 de xullo de 2021.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Hirsch, Foster (1971–72). "The Beguilded: Southern Gothic revived." Film Heritage, 7, 15–20.
- Kay, Karyn. (1976) "The Beguiled: Gothic Misogyny." Velvet Light Trap, 16, 32–33.
- Hughes, Howard (2009). Aim for the Heart. Londres: I.B. Tauris. ISBN 978-1-84511-902-7.
- McGilligan, Patrick (1999). Clint: The Life and Legend. Londres: Harper Collins. ISBN 978-0-00-638354-3.
- Tumanov, Vladimir (2013). "One Adam and Nine Eves in Donald Siegel's The Beguiled and Giovanni Boccaccio's 3:1 of The Decameron." Neophilologus: An International Journal of Modern and Mediaeval Language and Literature.
Ligazóns externas
editar- As defraudadas na IMDb (en inglés).
- Ficha en RottenTomatoes (en inglés)