Sen perdón
Sen perdón (en inglés: Unforgiven) é un filme estadounidense dirixido e producido por Clint Eastwood que se estreou en 1992. O filme conta a historia de William Munny, un fóra da lei que acepta un último traballo despois de terse convertido en granxeiro. Está protagonizado por Eastwood, xunto con Gene Hackman, Morgan Freeman e Richard Harris.
Sen perdón | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Unforgiven |
Director | Clint Eastwood |
Produtor | Clint Eastwood |
Guión | David Webb Peoples |
Intérpretes | Clint Eastwood Gene Hackman Morgan Freeman Richard Harris |
Música | Lennie Niehaus |
Fotografía | Jack N. Green |
Montaxe | Joel Cox |
Estudio | Malpaso Productions |
Distribuidora | Warner Bros. |
Estrea | 7 de agosto de 1992 3 de xullo de 2011 (TVG) |
Duración | 131 minutos |
Orixe | Estados Unidos |
Xénero | Western |
Orzamento | $14 400 000 |
Recadación | $159 157 447 |
Na rede | |
Eastwood adicou o filme ós directores e mentores Don Siegel e Sergio Leone. O filme gañou catro Premios Oscar: Mellor filme e mellor director para Clint Eastwood, mellor actor secundario para Gene Hackman, e mellor montaxe para editor Joel Cox. Eastwood foi nomeado ó Oscar ó mellor actor pola súa interpretación, pero ese ano gañouno Al Pacino por Scent of a Woman. Esta longametraxe foi o terceiro western en gañar un Oscar ó mellor filme, sendo as dúas anteriores Cimarron (1931) e Dances with Wolves (1990).
Estreouse en galego na TVG o 3 de xullo de 2011.[1]
Sinopse
editarDous veteranos pistoleiros volven ós traballos dos que levaban tempo retirados para aceptar a recompensa que lles ofrecen as prostitutas de Big Whiskey para que as liberen da brutalidade do shériff, outro antigo pistoleiro metido a cacique desapiadado. Aparece tamén un pintoresco asasino a soldo, alcumado Bob O Inglés.
Personaxes
editar- Clint Eastwood como William "Will" Munny
- Gene Hackman como Little Bill Daggett
- Morgan Freeman como Ned Logan
- Richard Harris como Bob o inglés
- Jaimz Woolvett como The Schofield Kid
- Saul Rubinek como W. W. Beauchamp
- Frances Fisher como Strawberry Alice
- Anna Levine como Delilah Fitzgerald
- David Mucci como Quick Mike
- Rob Campbell como Davey Bunting
- Anthony James como Skinny Dubois
- Tara Frederick como Little Sue
- Beverley Elliott como Silky
- Liisa Repo-Martell como Faith
- Josie Smith como Crow Creek Kate
- Shane Meier como William Munny Jr.
Galardóns e nomeamentos
editar- 1992: 4 Oscars: Mellor filme, director, actor secundario (Hackman) e montaxe. 10 nomeamentos.
- 1992: 2 Globos de Ouro: Mellor director (Clint Eastwood) e actor secundario (Hackman). 4 nomeamentos.
- 1992: BAFTA: Mellor actor secundario (Hackman). 6 nomeamentos, incluíndo mellor filme.
- 1992: Círculo de Críticos de Nova York: Mellor actor secundario (Gene Hackman).
Notas
editar- ↑ "Sen perdón na TVG". Diario Siglo XXI. 1 de xullo de 2011. Arquivado dende o orixinal o 10 de xuño de 2015. Consultado o 9 de outubro de 2013.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Sen perdón na IMDb (en inglés).
- Ficha en AllRovi (en inglés)
- Ficha en RottenTomatoes (en inglés)
- Ficha en BoxOfficeMojo (en inglés)