Peter Jackson
Sir Peter Robert Jackson, nado en Pukerua Bay o 31 de outubro de 1961, é un guionista, produtor e director de cine neozelandés.
Nome orixinal | (en) Sir Peter Robert Jackson |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | (en) Peter Robert Jackson 31 de outubro de 1961 (62 anos) Wellington, Nova Zelandia |
Educación | Kāpiti College (en) |
Actividade | |
Ocupación | director de cinema, montador, actor, escritor, produtor de cinema, guionista, realizador |
Período de actividade | 1987 - |
Membro de | |
Familia | |
Cónxuxe | Fran Walsh (1987–) |
Fillos | Billy Jackson, Katie Jackson |
Premios | |
| |
Descrito pola fonte | Lentapedia Obálky knih, |
|
Traxectoria
editarJackson comezou a súa carreira realizando pequenas películas no seu tempo libre. Unha delas, Bad Taste, acadou notoriedade no Festival de Cannes, comezando así a súa carreira profesional no cine. Ó contrario que outros directores de Nova Zelandia, Jackson permaneceu no seu país para realizar alí os seus proxectos.
Na súa segunda película Meet The Feebles, empregou marionetas. Pero o salto a fama como director de culto chégalle con Braindead, unha película a medio camiño entre a comedia e o terror coa que conseguiu varios premios. Jackson tamén realizou o filme Heavenly Creatures, protagonizado por Kate Winslet e baseado en feitos reais. Con esta película conseguiu o seu primeiro nomeamento ós Óscar como Mellor Guión e foi premiado no Festival de Venecia. En 1995 rodou Forgotten Silver, unha especie de documental sobre as aventuras dun cineasta, e ó ano seguinte fixo o filme de suspense The Frighteners protagonizado por Michael J. Fox.
Peter Jackson é principalmente coñecido por dirixir a triloxía cinematográfica sobre O señor dos aneis. As tres películas foron rodadas simultaneamente durante tres anos e estreadas sucesivamente nos Nadais de 2001 a 2003. Coa terceira conseguiu once premios Óscar, entre eles o de Mellor Película, igualando a outras coma Ben-Hur ou Titanic.
Universal Studios contratou a Peter Jackson para dirixir o remake do clásico King Kong por 20 millóns de dólares máis o 20 % dos beneficios, o que o converteu no director mellor pagado da historia. Jackson declarou en varias ocasións que a versión de 1933 foi a película que o animou a dedicarse ó mundo do cine.
Filmografía
editarDirector
Ano | Título | Nomeamentos ó Óscar | Óscar gañados | Nomeamentos ó BAFTA | BAFTA gañados | Nomeamentos ós Globos de Ouro | Globos de Ouro gañados |
---|---|---|---|---|---|---|---|
1976 | The Valley (curtametraxe) | ||||||
1987 | Bad Taste | ||||||
1989 | Meet the Feebles | ||||||
1992 | Braindead | ||||||
1994 | Heavenly Creatures | 1 | |||||
1995 | Forgotten Silver | ||||||
1996 | The Frighteners | ||||||
2001 | The Lord of the Rings: The Fellowship of the Ring | 13 | 4 | 12 | 4 | 4 | |
2002 | The Lord of the Rings: The Two Towers | 6 | 2 | 9 | 2 | 2 | |
2003 | The Lord of the Rings: The Return of the King | 11 | 11 | 12 | 4 | 4 | 4 |
2005 | King Kong | 4 | 3 | 3 | 1 | 2 | |
2008 | Crossing the Line (curtametraxe) | ||||||
2009 | The Lovely Bones | 1 | 2 | 1 | |||
2012 | The Hobbit: An Unexpected Journey | 3 | 3 | ||||
2013 | The Hobbit: The Desolation of Smaug | 3 | 2 | ||||
2014 | The Hobbit: The Battle of the Five Armies | 1 | 1 |
Produtor
Ano | Título | Traballo |
---|---|---|
1987 | Bad Taste | Produtor/Director |
1989 | Meet the Feebles | Produtor/Director |
1992 | Valley of the Stereos (curtametraxe) | Co-produtor |
1994 | Heavenly Creatures | Co-produtor/Director |
1996 | Jack Brown Genius | Produtor |
1996 | The Frighteners | Produtor/Director |
2001 | The Lord of the Rings: The Fellowship of the Ring | Produtor/Director |
2002 | The Lord of the Rings: The Two Towers | Produtor/Director |
2003 | The Lord of the Rings: The Return of the King | Produtor/Director |
2003 | The Long and Short of It (curtametraxe) | Produtor executivo |
2005 | King Kong | Produtor/Director |
2009 | District 9 | Produtor |
2009 | The Lovely Bones | Produtor/Director |
2011 | The Adventures of Tintin | Produtor |
2012 | West of Memphis | Co-produtor |
2012 | The Hobbit: An Unexpected Journey | Produtor/Director |
2013 | The Hobbit: The Desolation of Smaug | Produtor/Director |
2013 | The Hobbit: The Battle of the Five Armies | Produtor/Director |