The Hobbit: An Unexpected Journey
The Hobbit: An Unexpected Journey (O Hobbit: Unha Viaxe Inesperada) é un filme de fantasía épica do ano 2012 dirixido por Peter Jackson. O filme é o primeiro dunha triloxía cinematográfica (The Hobbit) baseado na novela O hobbit de John R.R. Tolkien, precuela d'O Señor dos Aneis.
O Hobbit: Unha viaxe inesperada | |
---|---|
O anel torna a ser protagonista d'O Hobbit | |
Ficha técnica | |
Título orixinal | The Hobbit: An Unexpected Journey |
Director | Peter Jackson |
Produtor | Carolynne Cunningham Zane Weiner Fran Walsh Peter Jackson |
Guión | Fran Walsh Philippa Boyens Peter Jackson Guillermo del Toro |
Baseado en | O hobbit de Tolkien |
Intérpretes | Ian McKellen Martin Freeman Richard Armitage James Nesbitt Ken Stott Cate Blanchett Ian Holm Christopher Lee Hugo Weaving Elijah Wood Andy Serkis |
Música | Howard Shore |
Fotografía | Andrew Lesnie |
Montaxe | Jabez Olssen |
Estudio | New Line Cinema Metro-Goldwyn-Mayer WingNut Films |
Distribuidora | Metro-Goldwyn-Mayer (global) New Line Cinema (América do Norte) |
Estrea | 13 de decembro de 2012. |
Duración | 169 min. |
Orixe | Nova Zelandia Reino Unido Estados Unidos |
Xénero | Aventuras, fantasía |
Orzamento | $200–315.000.000[1][2] |
Recadación | $1.017.000.000[3] |
Filme anterior | Triloxía d'O Señor dos Aneis (O regreso do Rei) |
Filme seguinte | The Hobbit: The Desolation of Smaug |
Na rede | |
http://www.thehobbit.com | |
En Galicia estreouse en castelán o 14 de decembro de 2012.
Sinopse
editarBilbo Bulseiro (Martin Freeman) é convidado de súpeto polo meigo Gandalf (Ian McKellen) para acompañalo xunto a un grupo de trece ananos, liderados polo lendario guerreiro Thorin, na procura do tesouro perdido dos ananos que hai moito tempo foi roubado por un dragón chamado Smaug. A súa viaxe vai levalos por fragas salvaxes; por terras traizoeiras cheas de goblins e orcos, wargs e arañas xigantes, metamorfos e magos, até que finalmente Bilbo Bulseiro atopa a Sméagol, roubándolle o Anel, que está ligado ao destino de toda a Terra Media. A viaxe cambiará para sempre a vida de Bilbo.
Personaxes
editar- Martin Freeman como Bilbo Bulseiro
- Ian McKellen como Gandalf
- Richard Armitage como Thorin Escudo de Carballo
- Ken Stott como Balin
- Graham McTavish como Dwalin
- William Kircher como Bifur / Troll Tom
- James Nesbitt como Bofur
- Stephen Hunter como Bombur
- Dean O'Gorman como Fili
- Aidan Turner como Kili
- John Callen como Oin
- Peter Hambleton como Gloin / Troll William
- Jed Brophy como Nori
- Mark Hadlow como Dori / Troll Bert
- Adam Brown como Ori
- Ian Holm como Bilbo Bulseiro de vello
- Elijah Wood como Frodo Bulseiro
- Hugo Weaving como Elrond
- Cate Blanchett como Galadriel
- Christopher Lee como Saruman
- Andy Serkis como Gollum
- Sylvester McCoy como Radagast
- Lee Pace como Thranduil
Notas
editar- ↑ Masters, Kim (17 de outubro de 2012). "'The Hobbit:' Inside Peter Jackson and Warner Bros.' $1 Billion Gamble". The Hollywood Reporter. Consultado o 21 de decembro de 2013.
- ↑ "'Hobbit' Sequel Reigns at Box Office". The Wall Street Journal. Consultado o 21 de decembro de 2013.
- ↑ "The Hobbit: An Unexpected Journey". Box Office Mojo. Consultado o 21 de decembro de 2013.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Ficha na IMDb (en inglés)
- Ficha en AllMovie (en inglés)
- Ficha en RottenTomatoes (en inglés)
- Ficha en BoxOfficeMojo (en inglés)