Luchino Visconti
Luchino Visconti di Modrone, conde de Lonate Pozzolo, nado en Milán o 2 de novembro de 1906 e finado en Roma o 17 de marzo de 1976, foi un aristócrata e un reputado director de cine italiano.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 2 de novembro de 1906 Milán (Italia) |
Morte | 17 de marzo de 1976 (69 anos) Roma, Italia |
Causa da morte | ictus |
Lugar de sepultura | villa La Colombaia (en) (2003–) |
Presidente do xurado do Festival de Cannes | |
← André Chamson (pt) – Miguel Ángel Asturias → | |
Datos persoais | |
Residencia | villa La Colombaia (en) |
País de nacionalidade | Italia (1946–1976) Reino de Italia (1906–1946) |
Actividade | |
Ocupación | director teatral , realizador , autor , escritor , director de cinema , guionista , scenic designer (en) |
Período de actividade | 1943 - 1976 |
Xénero artístico | Neorrealismo italiano |
Profesores | Lorenzo de Paolis (pt) |
Lingua | Lingua italiana |
Obra | |
Obras destacables
| |
Outro | |
Título | Conde |
Familia | House of Visconti di Modrone (en) |
Parella | Helmut Berger (pt) |
Pais | Giuseppe Visconti di Modrone (en) e Carla Erba (en) |
Irmáns | Donna Uberta Visconti di Modrone (en) |
Parentes | Giovanni Gastel (pt) () |
Premios | |
|
Traxectoria
editarEn 1935 trasladouse a París, onde colaborou co cineasta Jean Renoir, con quen participou como asistente de dirección en Une Partie de Campagne (1936). A súa obra aproxímase ós principios artísticos do Neorrealismo. Obsesión (1942) foi a primeira película neorrealista, movemento que toma como antecedente ao novelista Giovanni Verga; introduciu unha nova visión do cine, da dirección de actores (decote non profesionais) e na concepción da realidade e dos problemas sociais.
O neorrealismo non foi unha escola con principios e personalidades artísticas totalmente concordantes, nin nos directores nin nos guionistas, por iso é polo que se sostivo a existencia dunha liña máis idealista, representada por Roberto Rossellini, e outra, máis próxima ó marxismo ou ás concepcións sociais afíns, representada xustamente por Visconti, entre outros.
Un dos teóricos marxistas máis importantes, pois o neorrealismo tamén produciu unha transformación nas teorías estéticas sobre o cinema, foi Guido Aristarco, autor de A disolución da razón, discurso sobre o cine de quen considerou que A terra trema (1948) era a película máis lograda e avanzada ideolóxica e esteticamente, e que emprendía unha procura do home ante as cousas que non as sometía a estas como permanentes por si mesmas, o que constituiría unha alienación, e que tampouco admitía unha natureza humana inmutable (cine antropomórfico de Visconti). Con Obsesión Visconti trataba temas non aceptables ata entón pola censura fascista sobre a base dunha novela de James Caine, O carteiro chama dúas veces.
Filmografía
editar- 1942 — Ossessione
- 1942 — Giorni di gloria
- 1948 — La terra trema
- 1951 — Bellisima
- 1953 — Siamo Donne. Episodio: 'Anna Magnani'.
- 1954 — Senso
- 1957 — Le notti bianche
- 1960 — Rocco e os seus irmáns
- 1962 — Bocaccio 70. Episodio: 'Il lavoro'.
- 1963 — O Gatopardo
- 1965 — Vaghe stelle dell'Orsa...
- 1967 — Le streghe. Episodio: 'La strega bruciata viva'.
- 1967 — Lo straniero
- 1969 — La caduta degli dei
- 1970 — Alla ricerca di Tadzio
- 1971 — Morte a Venezia
- 1972 — Ludwig
- 1974 — Confidencias
- 1976 — L'innocente
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- LuchinoVisconti.net Arquivado 29 de decembro de 2010 en Wayback Machine. (en italiano)
- Ficha de Luchino Visconti en IMDb