O Gatopardo (filme)

filme de 1963 dirixido por Luchino Visconti

O Gatopardo (en italiano: Il Gattopardo) é un filme italiano de 1963 de xénero histórico épico dirixido por Luchino Visconti e baseado na novela homónima de Giuseppe Tomasi di Lampedusa.

O Gatopardo
Ficha técnica
Título orixinalIl Gattopardo
DirectorLuchino Visconti
ProdutorGoffredo Lombardo
Pietro Notarianni
GuiónPasquale Festa Campanile
Enrico Medioli
Massimo Franciosa
Luchino Visconti
Suso Cecchi d'Amico
Baseado enO gatopardo, de Giuseppe Tomasi di Lampedusa
IntérpretesBurt Lancaster
Claudia Cardinale
Alain Delon
Serge Reggiani
Mario Girotti
Pierre Clementi
MúsicaNino Rota
FotografíaGiuseppe Rotunno
MontaxeMario Serandrei
DistribuidoraTitanus
Estrea27 de marzo de 1963
Duración161 min (estrea estadounidense)
185 min (versión estadounidense sen corte)
195 min (versión francesa)
205 min (versión completa)
OrixeItalia Italia

O filme inclúe un elenco internacional que inclúe o estadounidense Burt Lancaster, o francés Alain Delon, e os italianos Claudia Cardinale (que foi dobrada na versión italiana por Solvejg D'Assunta porque as súas linguas maternas eran o siciliano e o francés) e Terence Hill (Mario Girotti).

Foi estreado en galego pola Televisión de Galicia o 23 de abril de 1999.[1]

ArgumentoEditar

A longametraxe mostra a vida de Don Fabrizio, príncipe de Salina, e da súa familia, que se ve alterada ao ser Sicilia invadida polas tropas de Garibaldi. Como consecuencia disto, todos van refuxiarse á casa de campo que a familia ten en Donnafugatta.

PersonaxesEditar

VersiónsEditar

O Gatopardo circulou en polo menos catro versións diferentes. A primeira montaxe de Visconti duraba 205 minutos, mais pareceu excesiva para o director e para o produtor, e acurtouse a 195 minutos para a estrea en Cannes. Despois, Visconti cortou o filme a 185 minutos para a súa estrea oficial, e considerou esta versión como a súa preferida.

A versión dobrada ao inglés, en que os actores italianos e franceses foron dobrados (a voz que se oe de Burt Lancaster é o seu traballo orixinal), foi editada ata os 161 minutos pola distribuidora 20th Century Fox. Isto fíxose sen a participación de Visconti, que estaba descontento pola edición e pola dobraxe.[2]

Visconti ameazou con demandar a Fox, que ameazou cunha contrademanda contra o director, indicando que Lancaster supervisara a montaxe estadounidense.[3]

"Non sinto que sexa o meu filme en absoluto", dixo Visconti da montaxe estadounidense.[4]

EstreaEditar

O filme estreouse no Festival Internacional de Cinema de Cannes en maio de 1963. Gañou a Palma de Ouro ao mellor filme.[5]

RecepciónEditar

PúblicoEditar

O filme foi o sexto máis popular do ano en Francia, con 3 688 024 entradas vendidas.[6][7]

CríticaEditar

No momento da súa estrea no verán de 1963, a maioría dos críticos estadounidenses reprobaron o filme. Segundo Newsweek, Lancaster parecía "como se estives interpretando a Clarence Day de Life with Father nunha xira de verán".[8] Jonathan Miller de The New Yorker ridiculizou a Lancaster como "amordazado polos bigotes e claramente estupefacto pola importancia do seu papel".[8] Porén, a revista Time eloxiou a caracterización como sólida e convincente.[8]

NotasEditar

  1. La Voz de Galicia, 23 de abril de 1999. Páxina 87
  2. Can the Leopard...? Davies, Brenda. Sight and Sound; Londres Vol. 33, Iss. 2, (Spring 1964): 99.
  3. Backers of Film May Site to Stop Director's Attack. Chicago Tribune 20 de decembro de 1963: b19.
  4. ARTFUL ODYSSEY OF AN ARISTOCRAT, Eugene Archer. The New York Times 18 de agosto de 1963: 107
  5. The Leopard Is Winner of Cannes Film Award. Ress, Paul. Chicago Tribune 24 de maio de 1963: a4.
  6. Box office information for The Leopard at Box Office Story
  7. "French Box Office in 1963". Box Office Story. 
  8. 8,0 8,1 8,2 Buford, Kate (2000). Burt Lancaster: An American Life. Londres: Aurum. p. 232. ISBN 1-85410-740-2. 

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar

Ligazóns externasEditar