Roberto Rossellini

cineasta italiano

Roberto Gastone Zeffiro Rossellini,[1][2] nado en Roma o 8 de maio de 1906 e finado na mesma cidade o 3 de xuño de 1977, foi un cineasta italiano. Considérase un dos directores máis importantes do neorrealismo italiano, contribuíndo ó movemento con películas como Roma città aperta.

Infotaula de personaRoberto Rossellini

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento8 de maio de 1906 Editar o valor em Wikidata
Roma (Reino de Italia) Editar o valor em Wikidata
Morte3 de xuño de 1977 Editar o valor em Wikidata (71 anos)
Roma, Italia Editar o valor em Wikidata
Causa da morteinfarto agudo de miocardio Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaCampo di Verano (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Presidente do xurado do Festival de Cannes

← Tennessee WilliamsAlan J. Pakula → Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeItalia (1946–1977)
Reino de Italia (1906–1946) Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Italia Editar o valor em Wikidata
Ocupacióndirector de cinema , guionista , piloto de automobilismo , dramaturgo , actor , produtor de cinema , realizador Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1936 Editar o valor em Wikidata -
LinguaLingua alemá, lingua inglesa e lingua italiana Editar o valor em Wikidata
Deporteautomobilismo Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
CónxuxeIngrid Bergman (1950–1957)
Marcella De Marchis (1936–1950)
Anastasija Noris von Gerzfeld (1934–1936)
FillosIsabella Rossellini
 () Ingrid Bergman
Renzo Rossellini (pt) Traducir
 ()
Isotta Ingrid Rossellini (pt) Traducir
 () Ingrid Bergman
Gil Rossellini (en) Traducir
 () Editar o valor em Wikidata
PaisAngiolo Rossellini (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata  e Elettra Bellan (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
IrmánsRenzo Rossellini Editar o valor em Wikidata
Premios

Páxina webrobertorossellini.it Editar o valor em Wikidata
IMDB: nm0744023 Allocine: 984 Allmovie: p109008 TCM: 165791
WikiTree: Rossellini-1 Find a Grave: 8108430 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Nado nunha familia burguesa de Roma, o seu pai construíu o primeiro cine romano (un teatro onde podían mostrarse películas), garantindo a Roberto o pase libre de admisión ilimitado; Roberto comezou a frecuentar o cine a unha idade temperá. Cando o seu pai morreu, el traballou como técnico de son en películas, e por algún tempo puido traballar en varios campos relacionados coa creación de películas, gañando competencia en cada un.

En 1938 virou a súa primeira curtametraxe, Prélude à l'aprés-midi d'un faune, despois da cal asistiu a Goffredo Alessandrini na rodaxe de Luciano Serra pilota, unha das películas italianas da primeira metade de século con máis éxito. En 1940 asistiu a Francesco De Santis en Uomini sul Fondo.

A súa primeira longametraxe, La nave Bianca (1941) é a primeira da chamada "Triloxía Fascista", xunto con Un pilota ritorna (1942) e Uomo dalla Croce (1943). A esta etapa corresponde a súa amizade e cooperación con Federico Fellini e Aldo Fabrizi.

Cando o réxime fascista terminou en 1943, só dous meses despois da liberación de Roma, Rossellini xa estaba preparando Roma, cidade aberta, con Fellini asistindo no guión e Fabrizi no papel do sacerdote), que el mesmo produciu, obtendo a maior parte dos cartos de créditos e préstamos. Este drama foi un éxito inmediato. Rossellini comezou así a súa "Triloxía Neorrealista", cuxa segunda película foi Paisá, camarada, filmada enteiramente con actores non profesionais, e a terceira Alemaña, ano cero (1946), patrocinada por un produtor francés e dirixida no sector francés de Berlín.

Como declarou nunha entrevista, para crear realmente o personaxe que un ten en mente, é necesario para o director establecer unha batalla co actor que normalmente termina someténdose ós desexos do actor. Como non desexo estar malgastando as miñas enerxías nunha batalla coma esta, só uso actores profesionais en contadas ocasións. Díxose que unha das razóns do seu éxito foi o feito de que Rossellini reescribiu os guións segundo os sentimentos e as historias dos seus actores non profesionais. Acentos rexionais, dialectos e vestimentas ven nas súas películas do modo en que verdadeiramente eran.

Logo da súa Triloxía Neorrealista, Rossellini produciu dúas longametraxes que hoxe se clasifican como cine transicional: O amor (con Anna Magnani) e A macchina ammazzacattivi, mostrando realidade e verdade.

En 1948 Rossellini recibe unha carta de Ingrid Bergman onde esta lle propón traballar con el e así comeza unha das máis coñecidas historias de amor no mundo do cine, con Ingrid Bergman e Rossellini no cume da súa popularidade e influencia. Comezaron a traballar xuntos un ano máis tarde en Stromboli terra di Dio (na illa de Stromboli, cuxo volcán entrou en erupción durante a rodaxe), e en 1950 Europa '51. En 1953, Heite querer sempre completa a chamada Triloxía de Ingrid.

Esta relación causou un grande escándalo nalgúns países (Bergman e Rossellini estaban casados antes de coñecerse); o escándalo intensificouse cando comezaron a ter fillos (un dos cales é Isabella Rossellini).

Filmografía editar

Notas editar

  1. Books.google.ca (ed.). The adventures of Roberto Rossellini – Tag Gallagher – Google Books. Consultado o 13 de agosto de 2012. 
  2. Books.google.ca (ed.). Roberto Rossellini's Rome Open City – Google Books. Consultado o 13 de agosto de 2012. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar