Satyajit Ray

director de cine indio

Satyajit Ray (bengalí সত্যজিত রায় ou সত্যজিৎ রায় SatyajitRay2.ogg Shottojit Rae ), nado en Calcuta o 2 de maio de 1921 e finado na mesma cidade o 23 de abril de 1992, foi un director de cinema indio, así mesmo tamén desenpeñou a función de ilustrador, editor, escritor, deseñador gráfico e crítico de cinema.

Infotaula de personaSatyajit Ray

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(bn) সত্যজিৎ রায় Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento2 de maio de 1921 Editar o valor em Wikidata
Calcuta (Raj Británico) Editar o valor em Wikidata
Morte23 de abril de 1992 Editar o valor em Wikidata (70 anos)
Calcuta, India Editar o valor em Wikidata
Causa da morteDoenza cardiovascular Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
ResidenciaCalcuta Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeIndia (1950–) Editar o valor em Wikidata
RelixiónHinduísmo Editar o valor em Wikidata
EducaciónPresidency University (en) Traducir - economía (–1939)
Ballygunge Government High School (en) Traducir
Visva-Bharati University (en) Traducir
Universidade de Calcuta Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióndirector de cinema , escritor de literatura infantil , compositor de cancións , pintor , poeta , director de fotografía , crítico de cinema , xornalista , montador , escritor , letrista , compositor , guionista , produtor de cinema , realizador Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1950 Editar o valor em Wikidata - 1991 Editar o valor em Wikidata
Influencias
LinguaLingua hindi, lingua inglesa e lingua bangla Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeBijoya Ray (1949–1992)
FillosSandip Ray (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
PaisSukumar Ray (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata  e Suprabha Ray (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios

Páxina websatyajitray.org Editar o valor em Wikidata
IMDB: nm0006249 Allocine: 614 Rottentomatoes: celebrity/satyajit_ray Allmovie: p107687 TCM: 158527 Metacritic: person/satyajit-ray
Musicbrainz: b3ee790e-d8f7-40a4-b5f4-5d6694fb20f4 Songkick: 357606 Discogs: 1001182 WikiTree: Ray-12879 Editar o valor em Wikidata

É recoñecido como un dos grandes creadores de cinema do século XX.[1][2][3][4] Ray dirixiu 36 filmes, incluíndo longametraxes, documentais e curtametraxes. Tamén foi escritor de ficción, editor, ilustrador, calígrafo, compositor, deseñador gráfico e crítico de cinema. Escribiu varios relatos e novelas, principalmente para nenos e adolescentes. O detective Feluda e o Professor Shonku, científico nas súas historias de ficción científica, son personaxes populares creados por el.

Ray recibiu numerosos premios durante a súa carreira, incluídos trinta e dous premios nacionais da India, un León de Ouro, un Oso de Ouro, dous Osos de Prata e un Óscar Honorífico en 1992. O goberno da India outorgoulle o Bharat Ratna, a súa máis alta condecoración para un civil, en 1992.

Traxectoria editar

Infancia editar

 
Satyajit Ray de neno

A liña xenealóxica de Satyajit Ray pode seguirse durante polo menos dez xeracións.[5] O seu avó, Upendrakishore Raychowdhury, foi ilustrador, escritor, editor, filósofo, astrónomo afeccionado e tamén líder do Brahmo Samaj, movemento social e relixioso da Bengala do século XIX. Sukumar Ray, fillo de Upendrakishore, foi un escritor bengalí de literatura infantil e pioneiro do verso absurdo, ademais de ilustrador e crítico. Satyajit naceu de Sukumar e Suprabha Ray en Calcuta, mais Sukumar faleceu cando o neno apenas tiña tres anos de idade e a familia tivo que sobrevivir grazas aos precarios ingresos de Suprabha. Ray estudou economía no Presidency College de Calcuta, aínda que sempre amosara interese polas belas artes. En 1940 a súa nai insistiu en que fose estudar á Universidade Visva-Bharati de Santiniketan, fundada por Rabindranath Tagore e, aínda que Ray se amosou reticente debido ao seu amor por Calcula e á mala impresión que tiña da vida intelectual en Santiniketan,[6] a persuasión da súa nai e o seu respecto por Tagore acabaron por convencelo. Alí, Ray comezou a apreciar a arte oriental. Máis adiante admitiu canto aprendera dos coñecidos pintores Nandalal Bose[7] e Benode Behari Mukherjee, sobre os que chegou a producir un filme documental, The Inner Eye. Polas súas visitas a Ajantā, Ellora e Elephanta, Ray desenvolveu a súa admiración pola arte hindú.[8]

Comezos editar

Ray abandonou Santiniketan en 1943, sen rematar a carreira de cinco anos, por causasa amorosas e volveu a Calcuta, onde conseguiu un emprego na axencia de publicidade británica D. J. Keymer. Foi contratado como «aprendiz de visualizador», gañando tan só oito rupias mensuais. Aínda que por unha banda o deseño visual era algo achegado ao espírito de Ray e polo xeral era ben tratado, notábase unha gran tensión entre os empregados británicos e os indios da compañía (os primeiros estaban moito mellor pagados), á parte de que Ray pensaba que «os clientes eran xeralmente estúpidos», o que lle causou problemas.[9] Arredor de 1943 Ray colaborou con Signet Press, unha nova firma publicitaria iniciada por D. K. Gupta. Gupta encargou a Ray a creación de deseños de portadas para libros e concedeulle plena liberdade artística. Ray deseñou as portadas de moitos libros, incluído Man-eaters from Kumaon, de Jim Corbett, e The discovery of India de Jawaharlal Nehru. Tamén traballou nunha versión infantil de Pather Panchali, un clásico bengalí de Bibhutibhushan Bandopadhyay, renomeado como Am Antir Bhepu. Este traballo influíu profundamente en Ray e converteuse no tema do seu primeiro filme. Ademais de deseñar a portada, tamén ilustrou o libro, e moitas desas ilustracións atoparon finalmente un lugar na súa primeira longametraxe.[10]

 
Ray, con 22 anos, en Santiniketan

Xunto con Chidananda Dasgupta e outros, Ray fundou Calcutta Film Society en 1947, mediante a que puido ver moitos filmes estranxeiros. Trabou amizade con algúns soldados norteamerianos estacionados en Calcuta durante a segunda guerra mundial e estes informábano dos últimos filmes estadounidenses que proxectaban na cidade. Durante ese período tamén coñeceu un empregado da RAF, Norman Clare, con quen compartiu a mesma paixón polo cinema, o xadrez e a música clásica occidental.[11]

En 1949 Ray contraeu matrimonio de forma pouco ortodoxa (e ilegal) con Bijoya Das, a súa curmá e grande amor.[12] A parella tivo un fillo, Sandip, que tamén foi director de cinema. Ese mesmo ano chegou a Calcuta Jean Renoir para rodar a súa película Le Fleuve, para a que Ray axuda a atopar localizacións. Así entabla relación co director francés, quen o anima a comezar a rodaxe de Pather Panchali.

A determinación de converterse en cineasta tomouna en 1950 durante unha estancia de tres meses en Londres durante os que traballou na oficina principal de D. J. Keymer, e nos que visionou 99 películas unha delas, Ladrón de bicicletas, obra clave do neorrealismo italiano do director italiano Vittorio De Sica.

Como cineasta editar

 
Satyajit Ray en Nova York en 1981.

Estreouse no cine co filme Pather Panchali (A canción do camiño), que gañou once premios internacionais, incluíndo o de Mellor documento humano no Festival Internacional de Cine de Cannes. Pather Panchali era unha obra clásica da literatura bengalí en cuxa edición infantil traballara coma debuxante e deseñador, que describe o crecemento dun xove, Apu, dunha pequena poboación de Bengala. Este traballo forma, xunto a Aparajito e Apur Sansar a Triloxía de Apu, a obra mestra de Ray.

Pese ao carácter humanista universal dos traballos de Ray, a realidade socioeconómica de Bengala márcao profundamente. A vida das diversas clases sociais de Bengala, o conflito dos novos e antigos valores e os efectos das cambiantes condicións económicas e políticas da India son temas recorrentes na súa obra.

Cambios de rumbo e anos finais editar

Ray dende 1965 dirixiu filmes de detectives, de ficción científica e dramas históricos. A esta variedade de temas uniuse unha considerábel experimentación formal. Manifestou así, en paralelo, os cambios de rumbo na vida da India contemporánea. Considérase que o seu mellor filme deste período é Nayak (1966), onde narrou como un coñecido actor falaba nun tren cunha xornalista durante vinte e catro horas seguidas. Traballou de novo con Sharmila Tagore e tivo éxito no festival de Berlín, mais non comercial.[13]

En 1967, escribiu o guión do filme The Alien, baseado nol relato Bankubabur Bandhu, que escribira en 1962 para a revista Sandesh, da súa propia familia. Finalmente o proxecto tratou de producilo Columbia Pictures con Peter Sellers e Marlon Brando; Ray non foi pagado por el.[14] Logo, Ray proxectou outros filmes que tampouco levou a cabo, como adaptacións do relato épico Mahābhārata, e da novela de E. M. Forster, A Passage to India.[15] Non obstante, en 1969 realizou o seu filme máis comercial, mais tamén con dificultades financeiras. Estaba baseado nun relato para nenos escrito polo seu avó, Goopy Gyne Bagha Byne, e era un filme musical e de fantasía.[16]

Posteriormente, levou ao cinema unha novela no poeta e narrador Sunil Gangopadhyay,[17] Aranyer Din Ratri, en que un mozo da cidade vai ao bosque de vacacións. Sobre o filme dixo Robin Wood, "unha simple secuencia [do filme]... ofrecería material para un curto ensaio".[17]

Se con Aranyer, Ray se dirixía á vida bengalí do seu tempo, completou o seu relato na Triloxía de Calcuta, formada por Pratidwandi (1970), Seemabaddha (1971) e Jana Aranya (1975); os tres filmes foron concibidos separadamente, mais teñen conexións temáticas entre todos eles.[18] Pratidwandi trata dun novo licenciado que é un idealista, e que se vai desilusionando, mais sen chegar a corromperse; Ray introduciu un estilo elíptico, ás veces con soños e miradas cara a atrás no relato.[18] Jana Aranya amosa un mozo inmerso na corrupción. En Seemabaddha retrata un home de éxito, de moralidade dubidosa, sacrificada á súa carreira. Así mesmo, na década de 1970, Ray adaptou dous dos seus relatos populares de detectives. Aínda que dirixidos a nenos e mozos, tanto Sonar Kella como Joy Baba Felunath teñen eco na crítica.[19]

En 1977, Ray completou Shatranj Ke Khiladi, filme de grande orzamento, que rodou en hindi e que estaba baseado nun relato de Munshi Premchand. Lembra a rebelión india de 1857 a través de dous xogadores. Sempre lle fascinara o xadrez.

En 1980, rodou a continuación de Goopy Gyne Bagha Byne, con Hirak Rajar Deshe, de intención política. O reinado do rei de diamantes, ou Hirok Raj, constitúe unha alusión á India con Indira Gandhi no momento de emerxencia nacional (1975-1977).[20] A continuación, coa súa curtametraxe Pikoor Diary e co seu filme Sadgati, en hindi, rematou a etapa tardía de madureza.

En 1983, Ray sufriu un grave ataque ao corazón e tivo que limitar fortemente o seu traballo nos seguintes anos. Por iso Ghare Baire tivo que ser completada en 1984 coa axuda do seu fillo, que era o cámara; tratábase dun relato de Tagore que narraba os perigos do fervente nacionalismo.[21] En 1987 realizou o documental Sukumar Ray sobre o seu pai.

Nos tres últimos filmes de Ray hai máis diálogo.[22] Son Ganashatru, que adapta unha peza de Henrik Ibsen;[23] Shakha Proshakha, de 1990, onde retomou a súa forma particular de expresarse;[24] e Agantuk, de aparencia liviá, onde mostra as lacras da civilización a través do relato da visita dun tío á súa sobriña en Calcuta.[25]

Legado editar

Ray dirixiu 37 filmes, incluíndo longametraxes, documentais e curtametraxes. Tamén foi escritor de ficción, editor, ilustrador, deseñador gráfico e crítico de cine. Esta versatilidade expresábase no feito de ue Ray realizaba o guión, o casting, a composición da música, a dirección artística, a edición e deseño dos créditos e o material publicitario da maior parte da súa obra.

Ray recibiu moitos premios importantes na súa carreira, incluíndo 32 premios nacionais indios de Cine, varios premios en festivais e certames internacionais sendo o principal deles un Oscar Honorífico pouco antes da súa morte, en 1992. A súa obra tamén foi obxecto dunha retrospectiva no Museo de Arte Moderna de Nova York no ano 1981.

Filmografía editar

Lenda
  Documental   Curtametraxe § Telefilme ou serie de televisión
Lista de filmes dirixidos por Satyajit Ray
Ano Título orixinal (Título internacional) Lingua(s) Produtor Músico Guionista Escritor Outras tarefas
1955 Pather Panchali (A Song of the Little Road) Bengalí   Si
1956 Aparajito (The Unvanquished) Bengalí   Si   Si
1958 Parash Pathar (The Philosopher's Stone) Bengalí   Si Diálogos
1958 Jalsaghar (The Music Room) Bengalí   Si   Si Distribuidor
1959 Apur Sansar (The World of Apu) Bengalí   Si   Si Distribuidor
1960 Devi (The Goddess) Bengalí   Si   Si Distribuidor
1961 Teen Kanya
 • The Postmaster
 • Monihara
 • Samapti ( Three Daughters / Two Daughters[a]
 • The Postmaster
 • The Lost Jewels
 • The Conclusion)
Bengalí   Si   Si   Si Distribuidor
1961 Rabindranath Tagore   (Rabindranath Tagore) Inglés   Si Narrador
1962 Kanchenjungha (Kanchanjangha) Bengalí   Si   Si
1962 Abhijan (The Expedition) Bengalí   Si   Si
1963 Mahanagar (The Big City) Bengalí   Si   Si
1964 Charulata (The Lonely Wife) Bengalí   Si   Si
1964 Two   (Two) Mudo   Si   Si
1965 Kapurush-O-Mahapurush
 • Kapurush
 • Mahapurush (
 • The Coward
 • The Holy Man)
Bengalí   Si   Si
1966 Nayak (The Hero) Bengalí   Si   Si
1967 Chiriyakhana (The Zoo) Bengalí   Si   Si Letrista
1968 Goopy Gyne Bagha Byne (The Adventures of Goopy and Bagha) Bengalí   Si   Si  • Deseñador do vestiario
 • Letrista
1969 Aranyer Din Ratri (Days and Nights in the Forest) Bengalí   Si   Si
1970 Pratidwandi (The Adversary) Bengalí   Si   Si
1971 Seemabaddha (A Company Limited) Bengalí   Si   Si
1971 Sikkim   (Sikkim) Bengalí   Si   Si  • Narrador
 • Deseñador do son
1972 The Inner Eye   (The Inner Eye) Bengalí   Si   Si  • Narrador
 • Deseñador do son
1973 Ashani Sanket (The Distant Thunder) Bengalí   Si   Si
1974 Sonar Kella[b] (The Fortress) Bengalí   Si   Si   Si
1975 Jana Aranya (The Middleman) Bengalí   Si   Si
1976 Bala   (Bala) Inglés   Si   Si Narrator
1977 Shatranj Ke Khilari (The Chess Players)  • Hindi
 • Urdú
 • Inglés
  Si   Si Diálogos
1979 Joi Baba Felunath[c] (The Elephant God) Bengalí   Si   Si   Si
1980 Hirak Rajar Deshe (The Kingdom of Diamonds) Bengalí   Si   Si  • Director artístico
 • Deseñador do vestiario
 • Letrista
1980 Pikoo[d] § (Pikoo's Day) Bengalí   Si   Si   Si
1981 Sadgati (The Deliverance) Hindi   Si   Si Diálogos
1984 Ghare Baire (The Home and The World) Bengalí   Si   Si
1987 Sukumar Ray   (Sukumar Ray) Bengalí   Si   Si
1990 Ganashatru (An Enemy of the People) Bengalí   Si   Si
1992 Shakha Proshakha (The Branches of the Tree) Bengalí   Si   Si   Si Distribuidor
1992 Agantuk[e] (The Stranger) Bengalí   Si   Si   Si

Notas editar

  1. O título do filme Teen Kanya significa tres fillas (ou nenas), porén a versión internacional do filme títulase Two Daughters ("Dúas fillas"). Aínda que a longametraxe ten tres historias diferentes, só dúas delas foron incluídas na versión internacional, The Postmaster e Samapti[26]
  2. Baseado na novela Sonar Kella de Ray.
  3. Baseado na novela Joi Baba Felunath de Ray.
  4. Baseado nun relato titulado Pikoor Diary (Pikoo's Diary), esciro por Ray para o seu libro Pikoor Diary O Onyanyo (Pikoo's Diary and Other Stories).
  5. Baseado nun relato titulado Atithi (The Guest) de Ray.
Referencias
  1. Constantine Santas(2002), Responding to film: A Text Guide for Students of Cinema Art, Rowman & Littlefield, ISBN 0830415807
  2. Tmh (2007). Book Of Knowledge Viii, 5E. Tata McGraw-Hill Education. ISBN 9780070668065. 
  3. Robinson, W. Anderson. "Satyajit Ray". Encyclopædia Britannica. Arquivado dende o orixinal o 26 de decembro de 2015. 
  4. "Iconic filmmaker Satyajit Ray's 94th birth anniversary celebrated". Daily News and Analysis. 2 de maio de 2015. Arquivado dende o orixinal o 3 de maio de 2015. 
  5. Seton 1971, p. 36
  6. Robinson 2003, p. 46
  7. Seton 1971, p. 70
  8. Seton 1971, pp. 71–72
  9. Robinson 2003, pp. 56–58
  10. Robinson 2005, p. 38
  11. Robinson 2005, pp. 40–43
  12. Ties that Bind por Arup Kr De, The Statesman, Calcuta, 27 de abril de 2008.
  13. Dasgupta 1996, p. 91
  14. Ray, Satyajit. "Ordeals of the Alien". The Unmade Ray. Satyajit Ray Society. Arquivado dende o orixinal o 27 de abril de 2008. Consultado o 21 de abril de 2008. 
  15. Wallia, C. J. (1996). "Book review: Satyajit Ray by Surabhi Banerjee". India Star. Arquivado dende o orixinal o 03 de maio de 2009. Consultado o 31 de maio de 2009. 
  16. Seton 1971, pp. 291–297
  17. 17,0 17,1 Wood 1972, p. 13
  18. 18,0 18,1 Robinson 2003, pp. 200–220
  19. Rushdie 1992
  20. Robinson 2003, pp. 188–189
  21. Robinson 2003, pp. 66–67
  22. Robinson 2003, pp. 339–364
  23. Dasgupta 1996, p. 134
  24. Robinson 2003, p. 353
  25. Robinson 2003, pp. 353–364
  26. "Teen Kanya (Three Daughters / Two Daughters)". satyajitray.org. Arquivado dende o orixinal o 5 de xaneiro de 2013. Consultado o 4 de febreiro de 2013. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar