Nicholas Ray
Raymond Nicholas Kienzle, nado en Galesville (Wisconsin) o 7 de agosto de 1911 e finado en Nova York o 16 de xuño de 1979 foi un director de cinema estadounidense, coñecido como Nicholas Ray.
Nicholas Ray | |
---|---|
![]() | |
Nome completo | Raymond Nicholas Kienzle |
Nacemento | 7 de agosto de 1911 |
Lugar | Galesville, Wisconsin |
Falecemento | 16 de xuño de 1979 (67 anos) |
Lugar | Nova York |
Causa | cancro de pulmón |
Nacionalidade | ![]() |
Educado en | Universidade de Chicago, Lincoln Park High School e La Crosse Central High School |
Cónxuxe(s) | Jean Evans (1936-1940) Gloria Grahame (1948-1952) Betty Utley (1958-1964) Susan Schwab (1969-1979) |
Fillos | Anthony Ray |
Profesión | Director |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Traxectoria editar
Estudante errático con tendencia á delicuencia e ao alcoholismo, pasou parte da súa adolescencia coa súa irmá máis vella en Chicago. No instituto amosou a súa capacidade de oratoria, conseguindo tamén boas notas en inglés, pero fracasando noutras materias, o que o levou a graduarse no posto 152 dunha promoción de 153 alumnos. Comezou a estudar na University of Chicago en 1931, pero só estivo un semestre polas malas notas e o exceso da bebida. Porén, fixo amizade con Frank Lloyd Wright e Thornton Wilder.
En 1946 dirixiu a súa primeira e única obra de Broadway, Beggar's Holiday, musical de Duke Ellington. O ano seguinte dirixiu o seu primeiro filme, que non obstante tardou dous anos en ser estreado polas caóticas condicións de Howard Hughes.
A súa etapa máis produtiva e triunfal foi na década de 1950, na que dirixiu as súas obras máis recoñecidas, Johnny Guitar e Rebelde sen causa. Porén, os seus problemas coas drogas e o alcohol acabaron por apartalo de Hollywood. Tras desmaiarse durante a rodaxe de 55 días en Pequín en 1963 foi despedido e non volveu dirixir ata mediados da década de 1970.
Pouco tempo antes da súa morte colaborou con Wim Wenders en Lightning Over Water, obra semidocumental sobre o propio Ray.
Filmografía editar
Ano | Título |
---|---|
1949 | Os amantes da noite |
1949 | Chamade a calquera porta |
1949 | Un segredo de muller |
1949 | Roseanna McCoy |
1950 | In a Lonely Place |
1950 | Nacida para o mal |
1951 | Flying Leathernecks |
1952 | A casa en sombras |
1952 | Unha aventura en Macau (sen acreditar) |
1952 | The Lusty Men |
1954 | Johnny Guitar |
1955 | Procura o teu refuxio |
1955 | Rebelde sen causa |
1956 | Hot Blood |
1956 | Bigger Than Life |
1957 | The True Story of Jesse James |
1957 | Amère victoire |
1958 | Party Girl |
1960 | The Savage Innocents |
1961 | Rei de reis |
1963 | 55 días en Pequín |
1976 | We Can't Go Home Again |
1978 | Marco |
1980 | Lightning Over Water |
Véxase tamén editar
Bibliografía editar
- Eisenschitz, Bernard (1993). Faber & Faber, ed. Nicholas Ray: An American Journey. ISBN 0-571-14086-6.
- Frascella, Lawrence; Weisel, Al (2005). Touchstone, ed. Live Fast, Die Young: The Wild Ride of Making Rebel Without a Cause. ISBN 0-7432-6082-1.
- Andrew, Geoff (2004). British Film Institute, ed. The Films of Nicholas Ray. ISBN 1-8445-7001-0.