Rebelde sen causa
Rebelde sen causa (en inglés: Rebel Without a Cause) é un filme estadounidense de 1955 sobre un grupo de adolescentes confusos nun suburbio de clase media. Rodado no novo formato CinemaScope e dirixido por Nicholas Ray, ofreceu un comentario social así como unha alternativa aos filmes previos que mostraban delincuentes nun ambiente deprimido.[3][4] O filme está protagonizado por James Dean, Sal Mineo e Natalie Wood.
Rebelde sen causa | |
---|---|
Póster do filme. | |
Ficha técnica | |
Título orixinal | Rebel Without a Cause |
Director | Nicholas Ray |
Produtor | Stewart Stern |
Guión | Nicholas Ray Adaptación: Irving Shulman |
Intérpretes | James Dean Natalie Wood Sal Mineo |
Música | Leonard Rosenman |
Fotografía | Ernest Haller |
Montaxe | William H. Ziegler |
Estudio | Warner Bros. |
Distribuidora | Warner Bros. |
Estrea | 26 de outubro de 1955[1] |
Duración | 111 minutos |
Orixe | Estados Unidos |
Orzamento | 1,5 millóns de dólares |
Recadación | 4,5 millóns de dólares[2] |
Na rede | |
O filme foi un intento innovador de retratar a decadencia moral da mocidade estadounidense, unha crítica ao estilo paternal e unha exploración do conflito interxeracional. O título provén do libro de 1944 do psiquiatra Robert M. Lindner Rebel Without a Cause: The Hypnoanalysis of a Criminal Psychopath. Non obstante, no filme non hai referencias de ningún tipo ao libro de Lindner. O filme foi estreado o 27 de outubro de 1955 case un mes despois da morte de Dean nun accidente de tráfico o 30 de setembro de 1955.
En 1990, Rebelde sen causa foi engadido ao National Film Registry da Biblioteca do Congreso dos Estados Unidos de América por ser "cultural, histórico e esteticamente significativo".
Foi estreado en galego pola Televisión de Galicia o 31 de decembro de 2001.[5]
Argumento
editarJim Stark é un inadaptado estudante de secundaria que chegou aos Ánxeles e busca encaixar entre os seus novos compañeiros. Porén, non o consegue e rapidamente se inimiza con Buzz e a súa banda ao tempo que queda engaiolado por Judy, moza do seu rival.
Neste contexto de enfrontamentos, Jim traba amizade con Plato, un rapaz solitario que se converte no seu secuaz. Entre as repetidas contendas cada vez máis graves, Jim, Plato e Judy quedan envoltos nun conflito que rematará con mortes.
Elenco
editar- James Dean como Jim Stark
- Natalie Wood como Judy
- Sal Mineo como John "Plato" Crawford
- Jim Backus como Frank Stark
- Ann Doran como Carol Stark
- Corey Allen como Buzz Gunderson
- William Hopper como pai de Judy
- Rochelle Hudson como nai de Judy
- Edward Platt como Inspector Ray Fremick
- Marietta Canty como asistenta da familia Crawford
- Virginia Brissac como Grandma Stark
- Dennis Hopper como Goon
- Jack Grinnage como Moose
- Frank Mazzola como Crunch
- Ian Wolfe como Dr. Minton, profesor de astronomía
- Beverly Long como Helen
- Robert Foulk como Gene
- Jack Simmons como Cookie
- Tom Bernard como Harry
- Nick Adams como Chick
- Steffi Sidney como Mil
- Clifford Morris como Cliff
Notas
editar- ↑ Rothman, Lily (27 de outubro de 2015). "Read TIME's Original Review of 'Rebel Without a Cause'". Time (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 29 de outubro de 2015. Consultado o 21 de xuño de 2018.
- ↑ 'The Top Box-Office Hits of 1956', Variety Weekly, 2 de xaneiro de 1957
- ↑ Crítica en Variety; 26 de outubro de 1955, páx. 6.
- ↑ Harrison's Reports, 22 de outubro de 1955, páx. 170.
- ↑ Programación de televisión
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Rebelde sen causa |
Bibliografía
editar- Frascella, Lawrence e Weisel, Al: Live Fast, Die Young: The Wild Ride of Making Rebel Without a Cause. Touchstone, 2005. ISBN 0-7432-6082-1.
Ligazóns externas
editar- Behind the Scenes of Rebel Without a Cause: James Dean, Sal Mineo, Natalie Wood—Living Fast, Dying Young, in Life and Onscreen (Archived)
- "The Making of Rebel Without a Cause by Sam Kashner A Vanity Fair piece about Nicholas Ray with a particular focus on Rebel.
- "Rebel Without a Cause" by Raymond WeschlerArquivado 06 de xullo de 2020 en Wayback Machine.