Abrir o menú principal

Kenji Mizoguchi (en xaponés 溝口 健二), nado en Toquio o 16 de maio de 1898 e finado en Kyoto o 24 de agosto de 1956 foi un director de cinema e guionista xaponés, considerado con Yasujirō Ozu e Akira Kurosawa o principal representante do cinema dese país.

Kenji Mizoguchi
Kenji Mizoguchi 1.jpg
Kennedy en 1975
Nome completo George Harris Kennedy, Jr.
Nacemento 16 de maio de 1898
Lugar Toquio
Falecemento 24 de agosto de 1956
Lugar Kyoto
Causa Leucemia
Nacionalidade Flag of Japan.svg Xapón
Parella(s) Lorraine Chanel (1968-1972)
Cónxuxe(s) Norma Wurman (1959-1971)
Joan McCarthy (1978-actualidade)
Profesión Director
editar datos en Wikidata ]

Índice

TraxectoriaEditar

Fillo dun carpinteiro, a súa familia viuse obrigada a dar en “adopción” como gueixa á súa irmá maior, feito que afectou profundamente a Mizoguchi. Por falta de diñeiro tivo que deixar a escola privada e foi enviado a coidar ao seu tío en 1911. Nesa época comezou a verse afectado pola artrite reumatoide e cando volveu cos seus pais tivo que pasar un ano enteiro na cama. En 1913 a súa irmá conseguiulle un traballo deseñando patróns de quimonos e dous anos despois, ao morrer a súa nai, levouno á súa casa para coidalo.

En 1916 comezou a estudar arte e pintura occidental e comezou a interesarse pola ópera, comezando a axudar aos decoradores do Royal Theatre de Akasaka. Posteriormente tamén traballou deseñando anuncios no xornal Yuishin Nippon en Kobe.

Entrou na industria cinematográfica como actor en 1920 e tres anos máis tarde dirixiu o seu primeiro filme. Nos seus primeiros anos dirixiu rapidamente ducias de filmes. Mentres que na súa seguinte etapa, a partir de 1939 viuse interesado por filmes realistas e de carácter social, ademais dos filmes de propaganda que realizou durante a Segunda Guerra Mundial.

Foi descuberto pola crítica internacional despois da guerra, especialmente pola revista Cahiers du cinéma e por críticos coma Jacques Rivette. En 1953 gañou o León de Prata no Festival de Venecia con Ugetsu Monogatari.

Finou aos 58 anos vítima da leucemia.

FilmografíaEditar

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

  • Andrew, Dudley; Andrew, Paul (1981). G.K. Hall, ed. Kenji Mizoguchi, a Guide to References and Resources. ISBN 0-8161-8469-0. 
  • Le Fanu, Mark (2005). BFI Publishing, ed. Mizoguchi and Japan. Londres. ISBN 978-1-84457-057-7. 
  • Sato, Tadao (2008). Kenji Mizoguchi and the Art of Japanese Cinema. ISBN 978-1-84788-230-1. 

Ligazóns externasEditar