Jacques Rivette ([ʒak ʁivɛt]), nado en Ruán (Sena Marítimo) o 1 de marzo de 1928 e finado en París o 29 de xaneiro de 2016 foi un director, guionista e crítico cinematográfico francés, membro do grupo da Nouvelle Vague.

Modelo:BiografíaJacques Rivette

(2006) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(fr) Jacques Pierre Louis Rivette Editar o valor en Wikidata
1 de marzo de 1928 Editar o valor en Wikidata
Ruán, Francia Editar o valor en Wikidata
Morte29 de xaneiro de 2016 Editar o valor en Wikidata (87 anos)
6.º arrondissement de Paris, Francia (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Causa da morteAlzhéimer Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaCemiterio de Montmartre Editar o valor en Wikidata
Redactor xefe
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
ResidenciaRuán Editar o valor en Wikidata
EducaciónLycée Pierre-Corneille (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoFilme, dirección de cine, Actuación e crítica de cinema (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Ocupacióndirector de cinema, director de fotografía, actor de cinema, actor, escritor de non ficción, escritor, crítico de cinema, xornalista, guionista, realizador Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1948 Editar o valor en Wikidata - 2009 Editar o valor en Wikidata
EmpregadorCahiers du cinéma Editar o valor en Wikidata
MovementoNouvelle Vague Editar o valor en Wikidata
Influencias
Obra
Arquivos en
Familia
CónxuxeMarilù Parolini (–valor descoñecido)
Véronique Rivette (–2016) Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteObálky knih, Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0729626 Allocine: 2314 Rottentomatoes: celebrity/jacques_rivette Allmovie: p108391 Metacritic: person/jacques-rivette BNE: XX4611741 Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Jacques Rivette comezou a interesarse polos cineclubs inspirado polo libro de Jean Cocteau sobre a realización de La Belle et la Bête. En 1949 dirixiu a súa primeira curtametraxe, Aux Quatre Coins. Ese mesmo ano marchou a París para facerse director; o día da súa chegada coñeceu a Jean Gruault, que o invitou a ver con el Les dames du Bois de Boulogne. Éric Rohmer, a quen Rivette admiraba, falou na proxección.

Rivette matriculouse na Sorbona, pero comezou a acudir á Cinémathèque française, de Henri Langlois en lugar de asistir ás clases. Alí coñeceu a Claude Chabrol, Jean-Luc Godard e François Truffaut.

En 1950 comezou a escribir críticas cinematográficas para Gazette du Cinéma, pequeno xornal que fundara con Rohmer e Godard. Ese ano rodou a súa segunda curtametraxe, Le Quadrille, producida e protagonizada por Godard. En 1951, Rivette e os seus amigos foron contratados por André Bazin para escribir en Cahiers du Cinéma.

Mentres escribía críticas Rivette continuou a súa carreira como cineasta, traballando como axudante de director para Jacques Becker e Jean Renoir. En 1957 o director Roberto Rossellin anunciou que quería producir unha serie de filmes sobre a vida en Francia. Rivette e Gruault escribiron Paris nous appartient, que supuxo o seu debut. Porén, a pesar de ser o primeiro do grupo en dirixir un filme, Chabrol, Truffaut, Godard e Rohmer estrearon antes os seus filmes.

Trala morte de Bazin en 1958, Rohmer pasou a ser editor xefe de Cahiers du cinéma. Rohmer, o máis conservador do grupo tivo problemas cos seus compañeiros e deixouno en 1963, deixando a Rivette como sucesor. Baixo o seu liderado, Cahiers pasou de ser unha revista apolítica a ser unha revista marxista que examinaba a relación entre a política e a cultura moderna.[1] Rivette permitiu a autores como Michel Delahaye e Jean-Louis Comolli que publicasen artigos máis sobre política e filosofía que sobre cinema. Finalmente abandonou a revista en 1965.

Pouco despois conseguiu dirixir La Religieuse, baseado na novela de Denis Diderot, que tras ser aprobado dúas veces pola censura, foi prohibida polo novo ministro de Información, Yvon Bourges. En resposta á prohibición, o produtor iniciou unha campaña pública en defensa do filme. O "Manifesto dos 1789" foi asinado por persoeiros coma Jacques Prévert, Raymond Queneau e Marguerite Duras. Godard escribiu un longo editorial criticando ao ministro de Cultura André Malraux e finalmente o presidente Charles de Gaulle ordenou ao novo ministro Georges Gorce que levantase a prohibición.

Rivette continuou dirixindo nas décadas seguintes. A finais da década de 1970 tiña dificultades para conseguir financiamento, polo que pasou a realizar filmes máis experimentais. En 1988 tivo un grande éxito crítico con La Bande des quatre. A este seguiuno La Belle Noiseuse, o filme máis aclamado da súa carreira. No século XXI dirixiu filmes como Va savoir (2001), Ne touchez pas la hache (2007) e 36 vues du pic Saint-Loup (2009).

Filmografía

editar
  1. Austerlitz, Saul (24 de xaneiro de 2003). Senses of Cinema, ed. "Jacques Rivette". Consultado o 11 de xullo de 2012. 

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  • Baecque, Antoine de; Toubiana, Serge (1999). Knopf, ed. Truffaut: A Biography. Nova York. ISBN 978-0-375-40089-6. 
  • Brody, Richard (2008). Metropolitian Books, ed. Everything is Cinema: The Working Life of Jean-Luc Godard. Nova York. ISBN 978-0-8050-8015-5. 
  • Denis, Claire; Daney, Serge (24 de febreiro de 1994). Cinéma, de notre temps, Arte, ed. Jacques Rivette - Le veilleur, part 1: "Le Jour", part 2: "La Nuit". 
  • Gallagher, Tag (1998). Da Capo Press, ed. The Adventures of Roberto Rossellini. Nova York. ISBN 0-306-80873-0. 
  • Jacob, Gilles; de Givray, Claude (1988). Farrar, Straus and Giroux, ed. François Truffaut: Correspondence 1945-1984. Nova York. ISBN 978-0-374-13001-5. 
  • MacCabe, Colin (2003). Farrar, Straus and Giroux, ed. Godard: A Portrait of the Artist at Seventy. Nova York. ISBN 978-0-571-21105-0. 
  • Marie, Michel (1997). Editions Nathan, ed. La Nouvelle Vague: Une ecole artistique. París. ISBN 978-2-091-90690-4. 
  • Monaco, James (1976). Oxford University Press, ed. The New Wave: Truffaut, Godard, Charbrol, Rohmer, Rivette. Nova York. ISBN 978-0-195-01992-6. 
  • Morrey, Douglas; Smith, Allison (2010). Manchester University Press, ed. Jacques Rivette (French Film Directors). Manchester. ISBN 978-0-719-07484-4. 
  • Truffaut, François (1994). De Capo press, ed. The Films in My Life. Nova York. ISBN 0-306-80599-5. 
  • Wakeman, John (1988). The H. W. Wilson Company, ed. World Film Directors, Volume 2. Nova York. ISBN 978-0-824-20757-1. 
  • Wiles, Mary (2012). University of Illinois Press, ed. Jacques Rivette (Contemporary Film Directors). Champaign, Illinois. ISBN 978-0-252-07834-7. 

Ligazóns externas

editar