Abrir o menú principal
Unha muller xaponesa en quimono, circa. 1870

O quimono[1] (着物, literalmente cousa para vestir) é unha túnica longa que constitúe o imprescindíbel vestiario tradicional xaponés.

Aínda que actualmente a maioría de xaponeses usa roupa occidental, acostuman a vestir con quimonos os días festivos, especiais ou de uso cerimonial.

Como o quimono é un traxe dunha soa peza, axusta ao corpo de cada persoa, levando un mesmo patrón, xa que normalmente o lado esquerdo envolvese sobre o dereito (de modo invertido se se usa para funeral). A faixa ancha que se axusta ao quimono recibe o nome de obi, coa que se amarra mediante nó sinxelo.

Índice

EstilosEditar

Cada sexo inflúe no tipo de quimono. Nas mulleres, son máis estilizados dependendo da idade, posición social, deseño, estado civil e a estación do ano apropiados, polo que hai diferenzas entre casadas e solteiras, xa que entre as primeiras teñen tons máis conservadores, cortes máis tradicionais e un emprego máis sinxelo do obi; en tanto que as últimas as levan moi coloridos, de manga larga e flotante.

ElaboraciónEditar

A fabricación é moi complexa e artesanal, debido ás técnicas tradicionais de confección, comezando polo yuuzen, o cal dura 6 meses, logo segue o debuxo de estampado en seda lisa mais sen o tinguido e logo perfílanse os debuxos cunha pasta arroceira resistente ás tinguiduras; dito proceso é arduo e repetitivo, debido aos diversos tons cromáticos e logo procedese aos cosidos do quimono propiamente dito. Os quimonos son moi coloridos xeralmente.

HistoriaEditar

Antigamente, utilizábase un vestido de orixe rústica feito de cáñamo e usábase para ambos os sexos, mais cando Xapón recibe mais influencia da cultura chinesa e coreana, tamén o foi a introdución da seda facendo que o quimono fose un traxe suntuoso, enchéndoo de status e diferenza sexual, de modo que se criaba unha maior expresión artística en canto ao colorido. Na época Heian (794-1185) as mulleres da corte levaban un maior número de quimonos postos no mesmo intre.

Co período Tokugawa (ou de Edo, 1603-1868) cultiváronse con devoción os decorados de quimonos en diversos artistas como Ôgata Kôrin (da escola Rimpa), fixeron que a tradición artesanal da confección chegase a perdurar ata os nosos días, pasando de artesán a artesán: na actualidade estanse aproveitando os materiais sintéticos.

Tipos de quimonoEditar

Quimonos femininosEditar

As máis importantes son:

  • Furisode: Para as solteiras, con chamativos colores, manga larga e corpo enteiro: Úsase para ocasións formais e de festas.
  • Hōmongi: Posúe un escudo nas costas, rico en bordados, tecidos e tinguiduras que van desde o pescozo pasando polo brazo, logo pola dianteira e ao final polo posterior: Úsase tanto para ocasións formais e informais.
  • Iromugi: De varios escudos, común para os novos e de uso semiinformal.
  • Mochigi: De manga curta, deseños e cores sobrias e sinxelas.
  • Mofuku: De cor negra e usado exclusivamente para funerais, cun fondo interiormente branco e varía coas estacións, tanto para solteiras como para casadas.
  • Tomesode: De cor negra, posúe ata 5 escudos de familia Kamon e usado para casadas en ocasións formais e matrimonios con parentes achegados.
  • Tsukesage: Sen escudos, de uso semiinformal e os bordados, tinguiduras e tecidos veñen dende o ombreiro en man esquerda, así como na man dereita e ao posterior.

Quimonos masculinosEditar

Para os homes, teñen os seus diversos estilos e características, componse de dous partes:

  • Hakama: Que é un pantalón folgado que ás veces se usa en artes marciais e posúe ata sete pregues, cada un representa as virtudes do guerreiro tradicional.
  • Haori: É un saco de amplo cordón trenzado (Himo).

Quimono de veránEditar

Coñécese máis co nome de Yukata, xa que está fabricado de algodón e usábase antigamente como bata nos días cálidos e co tempo nos festivais de verán.

NotasEditar

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para quimono.