Michelangelo Antonioni

Michelangelo Antonioni, nado en Ferrara o 29 de setembro de 1912 e finado en Roma o 30 de xullo de 2007, foi un cineasta, escritor e pintor italiano.

Modelo:BiografíaMichelangelo Antonioni

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento29 de setembro de 1912 Editar o valor en Wikidata
Ferrara (Italia) Editar o valor en Wikidata
Morte30 de xullo de 2007 Editar o valor en Wikidata (94 anos)
Roma, Italia Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaCertosa of Ferrara (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
ResidenciaFerrara
Reino de Italia Editar o valor en Wikidata
RelixiónAteísmo Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Boloña - economía (valor descoñecido–1935)
Centro Sperimentale di Cinematografia (pt) Traducir (1940–1942) Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióndirector de cinema, produtor de cinema, pintor, poeta, montador, escritor, guionista, realizador Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1950 Editar o valor en Wikidata - 2007 Editar o valor en Wikidata
Xénero artísticoPoesía Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
CónxuxeEnrica Fico (1986–2007) Editar o valor en Wikidata
ParellaMonica Vitti Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteGrande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Антониони Микеланджело)
Obálky knih,
Enciclopedia soviética armenia, volume 1, (p.455) Editar o valor en Wikidata
Sitio webmichelangeloantonioni.it Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0000774 Allocine: 26 Allmovie: p79780 112262
BNE: XX4578796 Discogs: 1911033 Find a Grave: 20708834 Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Graduouse en economía pola Universidade de Bologna e en 1942 chegou a Roma, onde cursou estudos no Centro Sperimentale dei Cinematografia de Cinecittà. Alí coñeceu a algúns dos artistas cos que cooperou nos anos seguintes; entre eles Roberto Rossellini, "pai" da escola do neorrealismo italiano.

Politicamente describiuse a si mesmo como anti-fascista, así como "marxista intelectual", pero algúns autores dubidan sobre o seu seguimento a esta ideoloxía. En contraste co seu contemporáneo Federico Fellini, cuxas primeiras obras viran arredor da vida das clases obreiras e os inadaptados sociais, as películas máis representativas de Antonioni na súa primeira etapa baséanse nas elites e burguesías urbanas e en como se relacionan cunha contorna que apenas entenden: Cronaca di un amore e La Signora senza camelie son sendas óperas prima onde o director traza unha reflexión nada compracente do mundo burgués con aparencias de simple melodrama.

Le amiche (1954), sobre un relato de Cesare Pavese e con destacable actuación da menosprezada Eleonora Rossi Drago, empeza a conformar o estilo característico do seu director, trascendendo unha historia de seu atractiva para experimentar con temáticas, estilos expresivos de narrar e encadrar, estéticas con discursos de dobres lecturas etc. Só unha vez, este director trazou a súa visión do burgués a través do punto de vista do mundo obreiro: en 1957 Il Grido (con Steve Cochran e Allida Valli non só supón a súa primeira obra mestra absoluta, senón tamén o antecedente directo á incomunicación do ser humano que tanto obsesionou ó director na súa famosa triloxía. Este filme reflicte a súa personalidade e estilo.

A década de 1960 foron o momento do recoñecemento internacional do director e do seu encontro con Monica Vitti coa que rodou L'Avventura. Tanto A noite como L'eclisse fascinaron a toda Europa e chegaron a cruzar as súas fronteiras.

En 1964 chega o seu primeiro filme en cor e, para moitos, o principio da fin do seu "reinado" con O deserto vermello. Pese ó descomunal éxito de Ampliación, Palma de Ouro en Cannes incluída, o certo é que a súa carreira entrou nunha irregularidade artística e nunha especie de bloqueo creativo do que non lle foi nada fácil saír. Da última e menos coñecida etapa do realizador, destaca O reporteiro en 1974 (con Jack Nicholson e Maria Schneider e Chunk Kuo (1972), revelador traballo documental sobre a China do momento, bastante máis que Il Mistero di Oberwald ou Identificazione di una donna.

Desde a década de 1990 volveu traballar en proxectos tan ambiciosos como errados: Al di là delle nuvole e Eros (2006).

Unha das obras máis soadas deste cineasta é a devandita Ampliación, baseada nun relato curto de Julio Cortázar. Trátase dunha película ambientada no swinging London e baseada na peripecia dun fotógrafo que cre descubrir un asasinato a través das súas fotografías.

Antonioni morreu ós 94 anos, o mesmo día que outro dos grandes cineastas do século XX, Ingmar Bergman.

Filmografía

editar

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar