Ánxela Caramés

crítica de arte galega

Ánxela Caramés Sales, nada en Santiago de Compostela o 23 de abril de 1977, é unha crítica de arte galega que traballa como axente e xestora cultural, especializándose nos estudos de xénero, relacionándoos coas implicacións do social e o político na arte actual.

Infotaula de personaÁnxela Caramés

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento23 de abril de 1977 Editar o valor em Wikidata (46 anos)
Santiago de Compostela, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióncrítico de arte Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua galega Editar o valor em Wikidata

Dialnet: 2225744

Traxectoria editar

Ánxela Caramés licenciouse en Historia da Arte pola Universidade de Santiago de Compostela en 1999.[1] Posteriormente complementou os seus estudos coa formación en Realización de Vídeo e Cine pola Escola de Imaxe e Son da Coruña. Acadou o título de doutora en Belas Artes pola Universidade Politécnica de Valencia en 2016, no programa de doutoramente Artes Visuais e Intermedia.[1][2]

No seu traballo analiza os procesos de creación, produción, xestión e difusión, concentrándose especialmente na arte emerxente.[3] Aí mesmo, investiga sobre os discursos feministas na arte española contemporánea.

Colabora con artigos en diferentes medios especializados e textos en catálogos de exposicións. Dirixiu e coordinou o especial de Xénero e Arte en Galicia para Nós (suplemento cultural do Xornal de Galicia) en 2009.[4][5][6]

Dende o ano 2020 é voceira da Xunta Directiva de Mulleres nas Artes Visuais (MAV).[7]

Xestión cultural editar

Caramés colabora cos principais centros de arte galegos como o Centro de Arte Contemporánea de Galicia (CGAC), o Museo de Arte Contemporánea de Vigo e noutras institucións tanto como guía de exposicións, así como docente en obradoiros didácticos para diferentes espazos artísticos. Desenvolveu os encontros de debate e reflexión crítica sobre Feminismos Subxectividades críticas/narrativas identitarias. Feminismos e creación contemporánea no Estado español (Fundación Luis Seoane, 2006) e Contra vento e marea. Verbas e pegadas dos feminismos (Casa-Museo Emilia Pardo Bazán, 2009).

Foi comisaria das intervencións artísticas no espazo público Contedor de feminismos de Carme Nogueira e Xogo de Damas de Mónica Cabo en 2009 e participou no congreso Xénero, Museos, Arte e Educación.[8] En 2011 foi comisaria de Muartech. Acciones híbridas desde el género y la tecnología para Espacio Menosuno de Madrid.[9][10]

Unha das exposicións máis relevantes foi Alén dos xéneros, feminismos e sexualidades en clave de arte[11] Esta exposición realizada en 2016, composta por 50 artistas de ambos os dous sexos, combinou as visións de xénero dende distintas xeracións de artistas. Ademais, expoñía a relación entre os conceptos feminista e feminino e entre os conceptos de masculinidade e feminidade.[12][13] Inaugurada no Museo Marco de Vigo, posteriormente itinerou ao Auditorio de Galicia. Na devandita exposición Caramés fixo un repaso polas expresións artísticas feministas dende os anos noventa até 2016 con artistas históricas como Maruxa Mallo, Ángela de la Cruz etc...[14][15]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 "Anxela Caramés Sales. Comisario". ARTEINFORMADO (en castelán). Consultado o 4 de abril de 2022. 
  2. "Teseo". www.educacion.gob.es. Consultado o 4 de abril de 2022. 
  3. "Anxela Caramés". Menosuno (en castelán). Consultado o 4 de abril de 2022. 
  4. "Anxela Caramés | Universidade Politécnica de Valencia - Academia.edu". upv.academia.edu. Consultado o 31 de marzo de 2020. 
  5. Diario, Nós. "Nós Diario - Diario de intereses galegos". Nós Diario. Consultado o 31 de marzo de 2020. [Ligazón morta]
  6. Caramés Sales, Ánxela (25 de abril de 2016). "Las prácticas curatoriales feministas en el Estado Español (1993-2013). La gestión cultural como productora del discurso de las identidades de género". doi:10.4995/Thesis/10251/62863. Consultado o 31 de marzo de 2020. 
  7. "Quiénes somos". MAV. Consultado o 31 de marzo de 2020. 
  8. "III Congreso Xénero, Museos, Arte e Educación". redemuseisticalugo.org. Consultado o 31 de marzo de 2020. 
  9. "Otro espacio" (PDF). 
  10. "Ánxela Caramés". Diario Cultural. Consultado o 31 de marzo de 2020. 
  11. "«Alén dos xéneros», feminismos y sexualidades en clave de arte". La Voz de Galicia. 7 de xullo de 2017. Consultado o 31 de marzo de 2020. 
  12. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 23 de marzo de 2018. Consultado o 6 de abril de 2020.  Arquivado 23 de marzo de 2018 en Wayback Machine.
  13. "Evento: Alén dos Xéneros | Cultura de Galicia". www.cultura.gal. Consultado o 6 de abril de 2020. 
  14. "Mujeres del Silencio y Más Allá de los Géneros". RTVE.es. 28 de febreiro de 2017. Consultado o 31 de marzo de 2020. 
  15. "Alén dos xéneros. Prácticas artísticas feministas en Galicia | MARCO". www.marcovigo.com. Consultado o 31 de marzo de 2020.