Lars von Trier
Lars von Trier, nado co nome de Lars Trier en Copenhague o 30 de abril de 1956, é un director de cine dinamarqués, un dos creadores do movemento Dogma 95. Salienta sobre todo pola súa forte personalidade creativa e é considerado un dos directores máis innovadores e multidisciplinares do cine actual, a pesar da controversia dalgunhas das súas obras.[1]
Traxectoria
editarEstudou na escola de cine de Copenhaguen. En 1981 e 1982, aínda como estudante, gañou varios premios no Festival de Cine de Múnic. A súa primeira película foi The Element of Crime (1984), que acadou un premio polo seu logro técnico no Festival de Cine de Cannes. Esta película é a primeira da triloxía europea, continuada por Epidemic (1987) e Europa (1991), unha comedia negra localizada en Alemaña na posguerra da segunda guerra mundial.
Fundou xunto a Thomas Vinterberg o movemento Dogma 95, valorando retomar historias máis cribles na industria do cinema, afastándose dos efectos especiais e facendo un uso técnico mínimo.
Perfil polémico
editarEn 2010, no Festival de Cannes, autoproclamouse o mellor realizador de cinema do momento. Un ano despois, o 19 de maio de 2011, o Festival de Cannes declarou o cineasta persona non grata, coa conseguinte expulsión do festival.
A polémica desatouse tras uns comentarios vertidos por Trier:
"Comprendo a Hitler. Creo que fixo algunhas cousas mal, si absolutamente [...] Non é o que se diría un bo tipo, pero enténdoo bastante e simpatizo un pouco con el [...] Vale, son nazi".
As declaracións fíxoas á mañá e esa mesma tarde emitiu un comunicado público no que pedía desculpas:
"Se ferín a alguén coas miñas palabras esta mañá na rolda de prensa, pido desculpas sinceras [...] Non son antisemita, nin teño prexuízos raciais de ningún tipo, nin son nazi".
Ó día seguinte foi expulsado do festival.
Filmografía
editar- Ochidégartneren (1977)
- Menthe – la bienheureuse (1979)
- Nocturne (1980 – 1981)
- Den Sidste Detalje (1981)
- Befrielsesbilleder (1982)
- Forbrydelsens Element (1984)
- Epidemic (1988)
- Medea (1988, TV)
- Europa (1991)
- Riget (1994, miniserie de televisión)
- Breaking the Waves (1996; primeira parte da triloxía Golden Heart)
- Riget II (1997; miniserie de televisión)
- Idioterne (1998; segunda parte da triloxía Golden Heart)
- D-dag (2000; televisión)
- D-dag – Lise (2000; televisión)
- Dancer in the Dark (2000; terceira parte da triloxía Golden Heart)
- D-dag – Den færdige film (2001; televisión)
- Dogville (2003; primeira parte da triloxía USA)
- De fem benspænd (segmento "The Perfect Human: Avedøre, Denmark"; 2003)
- Manderlay (2005; segunda parte da triloxía USA)
- Direktøren for det hele (2007)
- Antichrist (2009)
- Wasington (2011; terceira parte da triloxía USA)
- Melancholia (2011)
- Nymphomaniac (2013)
Notas
editar- ↑ "Biografía de Lars von Trier". Arquivado dende o orixinal o 27 de novembro de 2009. Consultado o 29 de outubro de 2015.