Manderlay

filme de 2005 dirixido por Lars von Trier

Manderlay é a segunda película da triloxía USA - Land of Opportunities, do director danés Lars von Trier. Nela trátase de profundar sobre as raíces do racismo.

Manderlay
Ficha técnica
DirectorLars von Trier
ProdutorVibeke Windeløv
GuiónLars von Trier
IntérpretesBryce Dallas Howard, Isaach De Bankolé, Danny Glover, Willem Dafoe, Jeremy Davies, Lauren Bacall, Chloë Sevigny, Jean-Marc Barr, Udo Kier, Michaël Abiteboul
MúsicaJoachim Holbek
FotografíaAnthony Dod Mantle
MontaxeBodil Kjærhauge e Molly Marlene Stensgård
DistribuidoraDistributionsselskabet (Dinamarca)
Estrea2005
Duración132 minutos
OrixeDinamarca Dinamarca
XéneroDrama
Orzamento$14 200 000
Recadación$674.918

SinopseEditar

A acción arranca poucos días despois do final de Dogville. Grace (desta vez interpretada por Bryce Dallas Howard en vez de por Nicole Kidman), viaxa a Alabama, no sur dos Estados Unidos, onde atopa unha prantación de algodón, Manderlay, onde aínda rixe a escravitude. Grace consegue liberar aos escravos, e decide quedar para establecer unha comunidade democrática... con moi malos resultados.

Tras comprobar as condicións de traballo na prantación, abandona ao seu pai, gángster, para tomar o control da mesma, abolindo a situación escravista e "castigando" aos antigos opresores. Antes de morrer, a ama da prantación entrégalle un libro, o libro da Ama, no que se explican as normas que os escravos deben cumprir.

Cerca do final da película explícase que esa comunidade seguía vivindo neses termos por propia vontade, e que ese mesmo libro fora redactado polos membros da prantación, libres e escravos.

Tras decatarse, Grace é obrigada, polos propios escravos de Manderlay, a tomar o control volvendo a oprimilos, tralo que decidindo escapar.

AnáliseEditar

Ao igual que a súa predecesora Dogville, esta rodada sen apenas decorado, usando sinxelamente aqueles obxectos imprescindibles para o argumento e substituíndo paredes e portas por marcas no chan similares ás de xiz nunha lousa.

CríticasEditar

A fita foi criticada principalmente polo feito de que na gravación asasinouse a un asno. Se ben a escena foi finalmente eliminada debido ás críticas, von Trier seguiu defendendo que importa máis a liberdade de expresión das persoas que a vida ou morte dun animal, algo que desgustou a moita xente.

Curiosamente, o movemento Dogma 95, do que é fundador, di nun dos seus mandamentos que non se pode incluír mortos (se ben esta película non está enmarcada dentro de dito movemento).