Abrir o menú principal

Paul Thomas Anderson

Paul Thomas Anderson, nado en Studio City, un barrio dos Ánxeles (California) o 26 de xuño de 1970 é un director, guionista e produtor estadounidense.

Paul Thomas Anderson
Paul Thomas Anderson 2007 crop.jpg
Anderson en decembro do 2007
Nome completoPaul Thomas Anderson
Alcume/outrosP.T.A., P.T. Anderson
Nacemento26 de xuño de 1970 (49 anos)
LugarStudio City (Os Ánxeles)
NacionalidadeEstados Unidos de América Estados Unidos
Educado enUniversidade de Nova York, Emerson College e Santa Monica College
Parella(s)Fiona Apple
Cónxuxe(s)Maya Rudolph (2001–actualidade)
FillosPearl Anderson
ProfesiónDirector, guionista, produtor
http://timhutton.net
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Paul Thomas Anderson naceu en 1970, fillo de Edwina Gough e Ernie Anderson.[1][2] Ernie foi actor de voz e presentador dun programa de terror en Cleveland titulado "Ghoulardi" (que logo daría nome á produtora de Paul Thomas Anderson).[1][2] Anderson creceu no Val de San Fernando.[3] Tivo unha relación complexa coa súa nai, máis estaba próximo ao seu pai, que o apoiou para converterse en guionista e director.[4] Estivo involucrado na creación de cinema e nunca tivo outro plan que ser director.[5] Fixo o seu primeiro filme con oito anos[6] e comezou a gravar vídeos coa cámara Betamax que o seu pai comprou en 1982. Comezou a escribir na adolescencia.

Escribiu e filmou a súa primeira produción real no instituto usando o diñeiro que gañou limpando gaiolas nunha tenda de animais.[7] O filme foi un falso documental de trinta minutos titulado The Dirk Diggler Story (1988), sobre un actor pornográfico inspirado en John Holmes, que foi tamén a inspiración para Boogie Nights.[4]

Anderson pasou dous semestres no Emerson College e dous días na Universidade de Nova York antes de comezar a súa carreira como axudante de produción en telefilmes, vídeos musicais e concursos.[8][9] Con algún diñeiro que gañara en apostas, a tarxeta de crédito da súa moza e 10 000 dólares que o seu pai gardara para a universidade decidiu facer un filme de vinte minutos que sería a súa "universidade".[8] O filme foi Cigarettes & Coffee (1993), que se viu no Festival de Sundance de 1993.

En 1996 realizou a súa primeira longametraxe, Sydney, retitulada como Hard Eight.[4] O filme foi exhibido na sección Un Certain Regard do Festival de Cannes.[10][11]

O filme que lanzou a Anderson foi Boogie Nights (1997),[7][12] que tamén reviviu a carreira de Burt Reynolds[13][14] e deu os seus primeiros grandes papeis a Mark Wahlberg[15] e Julianne Moore.[16]

Tralo éxito de Boogie Nights, a produtora New Line dixo a Anderson que podía facer o que quixese no seu seguinte filme e deulle o control creativo.[4] A pesra de que inicialmente Anderson quixo facer un filme "pequeno e íntimo", o guión creceu e converteuse no filme coral Magnolia (1999).[17][18] A continuación decidiu que quería traballar con Adam Sandler nun filme de noventa minutos.[12][17] Foi a comedia romántica Punch-Drunk Love (2002), con Emily Watson.

There Will Be Blood (2007) estaba en parte baseado na novela Oil!, de Upton Sinclair[19] e valeulle a Daniel Day-Lewis o Oscar ao mellor actor.[20] The Master (2012) trata sobre un "intelectual carismático" que comeza unha nova relixión na década de 1950.[21] Aínda que o filme non fai ningunha referencia, está "amplamente asumido que está baseado na Ciencioloxía."[22] O seguinte traballo foi Inherent Vice (2014), baseada na novela de Thomas Pynchon.

FilmografíaEditar

LongametraxesEditar

Ano Filme Acreditado como Rotten Tomatoes[23] Metacritic[24]
Director Guionista Produtor
1996 Hard Eight (tamén coñecida como Sydney)   Si   Si 83% 78
1997 Boogie Nights   Si   Si   Si 92% 85
1999 Magnolia   Si   Si   Si 84% 77
2002 Punch-Drunk Love   Si   Si   Si 79% 78
2007 There Will Be Blood   Si   Si   Si 91% 92
2012 The Master   Si   Si   Si 85% 86
2014 Inherent Vice   Si   Si   Si 72% 81
2017 Phantom Thread   Si   Si   Si
Media 84% 82

DocumentaisEditar

CurtametraxesEditar

  • The Dirk Diggler Story (1988)
  • Cigarettes & Coffee (1993)
  • Flagpole Special (1998)
  • Couch (2002)

Vídeos musicaisEditar

NotasEditar

  1. 1,0 1,1 Waxman, Sharon R. (2005). Rebels on the backlot: six maverick directors and how they conquered the Hollywood studio system. HarperCollins. p. 84. ISBN 978-0-06-054017-3. 
  2. 2,0 2,1 Luttermoser, John (5 de abril de 2008). "'There Will Be Blood' comes out on video Tuesday". Cleveland.com. Cleveland Live, Inc. Consultado o 28 de setembro de 2010. 
  3. Waxman, Sharon R. (2005). Rebels on the backlot: six maverick directors and how they conquered the Hollywood studio system. HarperCollins. ISBN 978-0-06-054017-3. 
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 Hirshberg, Lynn (19 de decembro de 1999). "His Way". The New York Times (The New York Times Company). Consultado o February 10, 2010. 
  5. Johnston, Robert K. (2004). Useless Beauty: Ecclesiastes Through The Lens Of Contemporary Film. Baker Academic. pp. 73–74. ISBN 978-0-8010-2785-7. 
  6. Hirschberg, Lynn (5 de xuño de 2013). "The Master Director: Paul Thomas Anderson". PORT Magazine. Consultado o 8 de xuño de 2013. 
  7. 7,0 7,1 "The Minor Works of Paul Thomas Anderson". Slate. Graham Holdings Company. 13 de setembro de 2012. Arquivado dende o orixinal o 22 de marzo de 2014. Consultado o 28 de maio de 2014. 
  8. 8,0 8,1 Ebert, Roger (19 de outubro de 1997). "Director's talent makes 'Boogie' fever infectious". rogerebert.com. Chicago Sun-Times. Consultado o 21 de maio de 2011. 
  9. Waxman, Sharon R. (2005). Rebels on the backlot: six maverick directors and how they conquered the Hollywood studio system. HarperCollins. p. 86. ISBN 978-0-06-054017-3. 
  10. Waxman, Sharon R. (2005). Rebels on the backlot: six maverick directors and how they conquered the Hollywood studio system. HarperCollins. ISBN 978-0-06-054017-3. 
  11. "Festival de Cannes: Hard Eight". Festival-Cannes.com. Consultado o September 20, 2009. 
  12. 12,0 12,1 Pilkington, Ed (4 de xaneiro de 2008). "'Tell the story! Tell the story!'". The Guardian. Guardian Media Group. Consultado o 9 de marzo de 2011. 
  13. Kennedy, Helen (19 de xaneiro de 1998). "'TITANIC' FLOATS THEIR BOATS WINS GOLDEN GLOBES FOR DRAMA, DIRECTOR". NYDailyNews.com. Consultado o August 23, 2010. [Ligazón morta]
  14. Corliss, Richard (17 de decembro de 2008). "Burt Reynolds, Boogie Nights". Time.com (Time Inc.). Consultado o 26 de febreiro de 2011. 
  15. Travers, Peter (10 de outubro de 1997). "Boogie Nights". RollingStone.com. Jann Wenner. Consultado o 26 de febreiro de 2011. 
  16. Reid, Joe (1 de marzo de 2010). "Julianne Moore Returning to As the World Turns". SOAPnet.com. Arquivado dende o orixinal o 24 de marzo de 2012. Consultado o 26 de febreiro de 2011. 
  17. 17,0 17,1 Patterson, John (10 de marzo de 2000). "Magnolia Maniac". guardian.co.uk. Guardian News and Media Limited. Consultado o 12 de abril de 2010. 
  18. Schickel, Richard (27 de decembro de 1999). "Cinema: Magnolia". Time.com (Time Inc.). Consultado o 26 de febreiro de 2011. 
  19. Goodwin, Christopher (25 de novembro de 2007). "Daniel Day-Lewis Gives Blood, Sweat and Tears". The Sunday Times. Times Newspapers Ltd. Consultado o 21 de decembro de 2009. 
  20. "Oscars Ceremonies 2008". Oscars.org. Academy of Motion Picture Arts and Sciences. Consultado o 12 de febreiro de 2015. 
  21. Fleming, Michael (2 de decembro de 2009). "Anderson working on 'Master'". Variety. Reed Business Information. Arquivado dende o orixinal o 08 de novembro de 2012. Consultado o 2 de decembro de 2009. 
  22. Pilkington, Ed (26 de abril de 2011). "Church of Scientology snaps up Hollywood film studio". The Guardian. Guardian News and Media Limited. Consultado o 9 de marzo de 2011. 
  23. Flixter (ed.). "Paul Thomas Anderson". Rotten Tomatoes. Consultado o 25 de abril de 2015. 
  24. CBS Interactive (ed.). "Paul Thomas Anderson". Metacritic. Consultado o 25 de abril de 2015. 

Véxase taménEditar