John Boorman, nado en Shepperton (Middlesex) o 18 de xaneiro de 1933 é un cineasta británico residente en Irlanda.

Modelo:BiografíaSir Editar o valor en Wikidata
John Boorman

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento18 de xaneiro de 1933 Editar o valor en Wikidata (92 anos)
Shepperton, Reino Unido (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
EducaciónSalesian School, Chertsey (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónguionista, director de televisión, director de cinema, produtor de cinema, realizador Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1962 Editar o valor en Wikidata -
Familia
FillosKatrine Boorman, Telsche Boorman, Charley Boorman Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteObálky knih, Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0000958 Allocine: 617 Allmovie: p82431 TV.com: people/john-boorman
BNE: XX1265448 Discogs: 1675676 Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Boorman comezou a traballar coma tintureiro e xornalista na década de 1950. Formou parte do equipo de noticias da Southern Television en Southampton e Dover antes de pasar a dirección de documentais para a televisión, chegando a ser xefe da unidade de documentais da BBC en Bristol en 1962.

O produtor David Deutsch ofreceulle a realización do filme Catch Us If You Can (1965) sobre o grupo pop Dave Clark Five. O filme non foi un éxito mais logrou algunhas boas críticas. Boorman pasou logo a Hollywood para dirixir A queimarroupa (1967), contando co apoio de Lee Marvin. Tras este filme volveu contar con Marvin e con Toshiro Mifune para Hell in the Pacific (1968), historia sobre dous soldados náufragos nunha illa.

En 1972 conseguiu un grande éxito con Deliverance, adaptado dunha novela de James Dickey. A principios desa década Boorman planeaba filmar unha adaptación de O Señor dos Aneis e intercambiou correspondencia con J. R. R. Tolkien sobre os seus plans. Finalmente a produción resultaría moi cara, mais pódense apreciar algúns elementos en Excalibur.

Esperanza e gloria (1987) é o seu filme máis autobiográfico, contando a historia da súa infancia durante o bombardeo de Londres.

Cando o seu amigo David Lean morreu en 1991, anunciouse que Boorman tomaría a dirección da adaptación de Nostromo, pero o proxecto caeu.

Filmografía

editar
Ano Filme Acreditado como
Director Guionista Produtor
1965 Catch Us If You Can   Si
1967 A queimarroupa   Si
1968 Hell in the Pacific   Si
1970 Leo the Last   Si   Si
1972 Deliverance   Si   Si
1974 Zardoz   Si   Si   Si
1977 Exorcist II: The Heretic   Si   Si
1981 Excalibur   Si   Si   Si
1985 A selva esmeralda   Si   Si
1987 Esperanza e gloria   Si   Si   Si
1990 Where the Heart Is   Si   Si   Si
1995 Beyond Rangoon   Si   Si
1998 The General   Si   Si   Si
2001 The Tailor of Panama   Si   Si   Si
2004 In My Country   Si   Si
2006 The Tiger's Tail   Si   Si   Si
2014 Queen and Country   Si   Si   Si

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Ligazóns externas

editar