Billy Wilder

director de cine estadounidense de orixe austríaca

Samuel Wilder, máis coñecido como Billy Wilder, nado en Sucha Beskidzka, Galicia, Austria (entón no Imperio Austrohúngaro), o 22 de xuño de 1906 e finado en Beverly Hills (Estados Unidos), o 27 de marzo de 2002, foi un director de cine estadounidense de orixe austríaca.

Billy Wilder
Nome completoSamuel Wilder
Nacemento22 de xuño de 1906
LugarSucha Beskidzka
Falecemento27 de marzo de 2002
LugarBeverly Hills
Causapneumonía
SoterradoWestwood Village Memorial Park Cemetery
NacionalidadeEstados Unidos de América, Austria e Imperio Austrohúngaro
EtniaPobo xudeu
Educado enUniversidade de Viena
Profesiónguionista, director de cinema, produtor de cinema, escritor, xornalista e realizador
Na rede
IMDB: nm0000697 Allocine: 413 Rottentomatoes: celebrity/billy_wilder Allmovie: p116768 TCM: 206104 TV.com: people/billy-wilder IBDB: 11229
Musicbrainz: 5bcf5eb8-4637-4d39-b3ef-cf491aa28b29 Find a Grave: 6295551 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]
Lápida da tumba de Billy Wilder

Traxectoria editar

Wilder pasou a súa infancia e a súa mocidade en Austria. O seu primeiro traballo foi como cronista no xornal austríaco Juranek. Continuou traballando como cronista en Berlín, tendo que alternar esta ocupación con outras para sobrevivir. Alí afeccionouse ó cine, tras ver diversas películas que lle impresionaron fondamente. Unha delas foi O acoirazado Potemkin, de Sergei Eisenstein. Entrou a traballar para a UFA onde coñeceu aos grandes directores do momento.

Trala subida ó poder de Hitler, Wilder viuse obrigado a abandonar Berlín, debido á súa ascendencia xudía. A súa nai morrería nos campos de concentración de Auschwitz. Estivo en París e, desde alí, en 1934 trasladouse aos Estados Unidos, xunto ó actor Peter Lorre. Wilder e Lorre compartiron apartamento, fame e momentos moi difíciles durante unha tempada. Alí comezou a traballar como guionista para a Paramount, e tivo a ocasión de colaborar con Ernst Lubitsch, o seu gran mestre. O día do seu funeral dixo: "Quedámonos sen Lubitsch. Peor aínda, quedámonos sen as películas de Lubitsch".

Como guionista, Wilder escribiu 60 películas. Como director, realizou 26 películas. Foi galardoado con sete Oscar tras ser candidato en 21 ocasións.

En 1981 dirixiu a súa última película, Buddy Buddy. A partir de entón as compañías aseguradoras xa non querían asegurar películas súas debido á súa avanzada idade. Morreu 21 anos máis tarde á idade de 95 anos na súa residencia de Beverly Hills (California) por mor dunha pneumonía. Os seus restos atópanse no Cemiterio Westwood Village Memorial Park nos Ánxeles.

Nunha entrevista publicada en 1952 Wilder enumerou as súas dez películas favoritas:

  1. O acoirazado Potemkin (Sergei Eisenstein) (1925)
  2. Greed (Erich von Stroheim) (1923)
  3. Varieté (Charles Dupont) (1925)
  4. The Gold Rush (Charles Chaplin) (1924)
  5. The Crowd (King Vidor) (1928)
  6. La grande illusion (Jean Renoir) (1937)
  7. O delator (John Ford) (1935)
  8. Ninotchka (Ernst Lubitsch) (1939)
  9. Os mellores anos da nosa vida (William Wyler) (1946)
  10. Ladrón de bicicletas (Vittorio De Sica) (1948)

Filmografía como director editar

Candidaturas ó Oscar editar

Como director

Como guionista

En total foi nomeado oito veces como director, gañando dúas, e doce como guionista, gañando en tres ocasións.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar