Erich von Stroheim

Erich Oswald Stroheim, nado en Viena o 22 de setembro de 1885 e finado en Maurepas (Francia) o 12 de maio de 1957 foi un director, produtor e actor austríaco.

Modelo:BiografíaErich von Stroheim

(1920) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(de) Erich Oswald Stroheim Editar o valor en Wikidata
22 de setembro de 1885 Editar o valor en Wikidata
Viena (Imperio Austrohúngaro) Editar o valor en Wikidata
Morte12 de maio de 1957 Editar o valor en Wikidata (71 anos)
París (Francia) Editar o valor en Wikidata
Causa da mortecancro Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaMaurepas Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióndirector de cinema, actor de cinema, guionista, actor, produtor de cinema Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1914 Editar o valor en Wikidata - 1955 Editar o valor en Wikidata
Xénero artísticoCinema mudo Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Arquivos en
Familia
CónxuxeValerie Germonprez (1919–) Editar o valor en Wikidata
FillosErich von Stroheim Jr., Josef von Stroheim Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteGrande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Штрогейм Эрих фон)
Obálky knih,
Grande Enciclopedia Soviética (1926—1947) Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0002233 Allocine: 1163 Rottentomatoes: celebrity/erich_von_stroheim Allmovie: p118401 TCM: 186040 TV.com: people/erich-von-stroheim IBDB: 3809
BNE: XX1163476 WikiTree: Stroheim-3 Find a Grave: 7126906 Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Fillo dun sombreireiro de clase media, Stroheim emigrou aos Estados Unidos a finais de 1909. Na Illa Ellis afirmou ser o conde Erich Oswald Hans Carl Maria von Stroheim und Nordenwall, fillo dun nobre austríaco, como as personaxes que adoitaba interpretar. Porén, Billy Wilder e o axente de Stroheim, Paul Kohner, dicían que falaba alemán de clase baixa e Jean Renoir escribiu nas súas memorias que apenas falaba alemán.[1] Cando Stroheim volveu vivir a Europa indicou que “esquecera” a súa lingua materna. No filme de Renoir La Grande Illusion fala alemán cun forte acento estadounidense.

A súa relación co cinema comezou como conselleiro de cultura e moda alemás, participando por primeira vez como actor en filmes de 1915. Despois da primeira guerra mundial converteuse en guionista, dirixindo a súa historia Blind Husbands en 1919, que tamén protagonizou

Coñecido polo seu carácter ditatorial, é recoñecido como un dos grandes directores do cinema mudo, sendo o seu traballo máis lembrado Greed, no que creou unha primeira versión de dez horas que foi recortada.

Despois de ser despedido da rodaxe de Queen Kelly por desacordos coa estrela Gloria Swanson dedicouse principalmente á interpretación. En 1950 interpretou o mordomo Max von Mayerling en Sunset Boulevard, de Billy Wilder, no que a súa personaxe afirma que foi un dos grandes directores do cinema mudo, con D.W. Griffith e Cecil B. DeMille, frase na que se observa a base autobiográfica da personaxe.

A última parte da súa vida pasouna en Francia, onde os seus filmes eran admirados.

Filmografía

editar

Director

editar
Ano Filme
1918 The Heart of Humanity
1919 Blind Husbands
1920 The Devil's Pass Key
1922 Foolish Wives
1923 Merry-Go-Round
1924 Greed
1925 The Merry Widow
1928 The Wedding March
1929 Queen Kelly
1933 Hello, Sister!
Ano Filme
1912 An Unseen Enemy
1915 Old Heidelberg
1916 The Flying Torpedo
1932 The Lost Squadron
1936 The Crime of Dr. Crespi
1936 Mademoiselle Docteur
1937 La Grande Illusion
1938 Gibraltar
1938 Ultimatum
1943 Five Graves to Cairo
1943 The North Star
1944 The Lady and the Monster
1944 Storm Over Lisbon
1945 The Great Flamarion
1945 Scotland Yard Investigator
1946 The Mask of Dijon
1950 Sunset Boulevard
1955 Napoléon
  1. Renoir, Jean (1974). Flammarion, ed. Ma Vie et mes films. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar