Steven Soderbergh
Steven Andrew Soderbergh, nado en Atlanta (Xeorxia) o 14 de xaneiro de 1963, é un director de cine e guionista estadounidense. Tamén adoita traballar como director de fotografía e montador, empregando os pseudónimos de Peter Andrews e Mary Ann Bernard respectivamente.
Steven Soderbergh | |
---|---|
![]() | |
Nome completo | Steven Andrew Soderbergh |
Nacemento | 14 de xaneiro de 1963 |
Lugar de nacemento | Atlanta |
Nacionalidade | Estados Unidos de América |
Relixión | ateísmo |
Alma máter | Louisiana State University Laboratory School |
Ocupación | director de cinema, director de fotografía, produtor de cinema, guionista, montador, director de televisión, produtor de televisión, actor, cámara, produtor delegado, showrunner e realizador |
Cónxuxe | Betsy Brantley e Jules Asner |
Coñecido por | K Street |
Premios | premios do Sindicato de Directores, Palma de Ouro, Independent Spirit Award for Best Director, National Society of Film Critics Award for Best Director, National Society of Film Critics Award for Best Director, Los Angeles Film Critics Association Award for Best Director, Critics Choice Award de Melhor Diretor, National Board of Review de Melhor Diretor, New York Film Critics Circle Award for Best Director, New York Film Critics Circle Award for Best Director, National Board of Review de Melhor Diretor, New York Film Critics Circle Award for Best Film, National Society of Film Critics Award for Best Director, Óscar ó mellor director, Toronto Film Critics Association Award for Best Director, Satellite Award de melhor diretor, Primetime Emmy Award for Outstanding Directing for a Limited Series, Movie, or Dramatic Special e Dallas-Fort Worth Film Critics Association Award for Best Director |
Na rede | |
https://extension765.com/ | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Traxectoria Editar
Criado nunha familia de orixe sueca descubriu o cine na adolescencia, cando comezou a rodar curtametraxes caseiras en Super8.
Tras graduarse no instituto marchou a Hollywood onde comezou a traballar como montador por libre. Debutou como director con Sex, Lies, and Videotape, película independente que o levou a gañar a Palma de Ouro en Cannes, sendo o director máis novo en conseguila.
A continuación dirixiu película con baixos orzamentos, ata que chegou Out of Sight, coa que comezaría a súa colaboración con George Clooney. Desde entón foi alternando películas independentes con grandes producións.
No ano 2001 foi nomeado ao oscar ao mellor director por dúas películas diferentes: Erin Brockovich e Traffic, coa que gañaría o premio. Era a primeira vez desde 1938 que un director conseguía esta dobre candidatura.
En varias ocasións afirmou que deixaría o cine para adicarse á pintura.
Obra Editar
- Sex, Lies, and Videotape (1989)
- Kafka (1991)
- King of the Hill (1993)
- The Underneath (1995)
- Gray's Anatomy (1996)
- Schizopolis (1996)
- Out of Sight (1998)
- The Limey (1999)
- Erin Brockovich (2000)
- Traffic (2000)
- Ocean's Eleven (2001)
- Full Frontal (2002)
- Solaris (2002)
- Ocean's Twelve (2004)
- Bubble (2005)
- O bo alemán (2006)
- Ocean's Thirteen (2007)
- Che (filme en dúas partes; 2008)
- The Girlfriend Experience (2009)
- O informante (2009)
- Contaxio (2011)
- Haywire (2012)
- Magic Mike (2012)
- Side Effects (2013)
- Behind the Candelabra (película para televisión; 2013)
Véxase tamén Editar
Ligazóns externas Editar
- Steven Soderbergh na IMDb (en inglés).