Ponte de Sárdoma
A ponte de Sárdoma, tradicionalmente a ponte Abeleira[1], é unha pontiña medieval que cruza o río Lagares na parroquia viguesa de Sárdoma, preto do pazo da Caracola. Podería ter unha orixe romana, se ben a actual ponte vense utilizando polo menos dende o século XII.
Ponte de Sárdoma | ||||
---|---|---|---|---|
![]() | ||||
Tipo | ponte peonil ![]() | |||
Estilo | arquitectura románica ![]() | |||
Material usado | pedra ![]() | |||
Localización | ||||
| ||||
Estado | España | |||
Comunidade autónoma | Galicia | |||
Provincia | provincia de Pontevedra | |||
Concello | Vigo | |||
Parroquia | Sárdoma ![]() | |||
Dimensións | ||||
Anchura | 2,5 m ![]() | |||
Lonxitude | 10 m ![]() | |||
[ Wikidata ] |
A ponte, de cantaría de granito de perpiaños regulares, é sinxela, cunha plataforma recta (non ten a fasquía típica de subida e baixada das pontes medievais, coma a de Castrelos), ten 10 m de longo, e salva o río grazas a dous arcos de medio punto. Conta, ademais, cun tallamar central[2].
O estado de conservación é bo; porén a contorna non está moi coidada e a propia ponte necesitaría unha limpeza; a ponte asfaltárase para dar acceso ao pazo, porén a camada de asfalto foi retirada hai uns anos[3].
Notas
editar- ↑ Sestay Martínez, Iván (2015). Freixeiro e Sárdoma. Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo. p. 97.
- ↑ "Ponte en Patrimonio Cultural de Vigo". Arquivado dende o orixinal o 28 de abril de 2019. Consultado o 16 de febreiro de 2016.
- ↑ Ponte en Turismo de Vigo
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Ponte de Sárdoma na páxina web colaborativa Patrimonio Galego.
- Ponte de Sárdoma en Galicia Máxica