Estado de São Paulo

estado do Brasil
(Redirección desde «Estado de San Paulo»)

O Estado de São Paulo é un dos estados do Brasil localizados na Rexión Sueste. Limita cos Estados de Minas Xerais ao norte e nordeste, Río de Xaneiro tamén ao nordeste, Paraná ao sur e Mato Groso do Sur ao oeste, así como co Océano Atlántico ao leste. Ocupa unha área de 248.808,8 km². A súa capital é a cidade de São Paulo, a máis habitada do país.

Estado de São Paulo
Bandeira de São Paulo
Escudo de São Paulo
BandeiraEscudo
Sao Paulo in Brazil.svg
Lema: Pro Brasilia fiant eximia
(Latín: Polo Brasil, fágase o mellor)
Himno: Hino do estado de São Paulo
EstadoFlag of Brazil.svg Brasil
CapitalSão Paulo
 • Poboación11 376 685 (2012)
Lingua oficialPortugués
Forma de gobernoEstado
Gobernador
João Doria (PSDB)
Fundación1889
SuperficiePosto 12º
 • Total248.209 km²
 • % augan/d
Fronteirasn/d km
Costas622 km
PoboaciónPosto 1º
 • Total41 901 219 (2012) hab.
 • Densidade170 hab./km²
XentilicioPaulista
Fuso horarioBRT (UTC-3)
 • Horario de veránBRST (UTC-2)
Dominio de Internet.br
Código ISOBR-SP
Estados do Brasil

XeografíaEditar

As súas cidades máis poboadas son São Paulo, Campinas, Guarulhos, São Bernardo do Campo, Santo André, Osasco, São José dos Campos, Sorocaba, Ribeirão Preto, Santos, Diadema e Jundiaí.

Presenta un relevo relativamente elevado: 85 % do territorio está entre os 300 e os 900 metros de altitude. Os seus ríos principais son o Tietê, Paranapanema, Grande, Turvo, Pardo, do Peixe, Paraíba do Sul e Piracicaba. O seu clima é tropical no interior do estado, e tropical de altitude nas rexións máis altas do planalto, por riba dos 1.000 m de altitude.

O clima do estado é influenciado pola altitude: en Campos do Jordão, cidade situada a 1.600 metros sobre o nivel do mar na Serra da Mantiqueira, as temperaturas poden caer abaixo dos 0 °C en días máis fríos de invernos rigorosos. Xa no interior do estado (Ribeirão Preto, São José do Rio Preto etc), as temperaturas poden superar facilmente os 33 °C no verán. A capital e a súa rexión metropolitana ten un clima tropical un pouco influenciado pola altitude pero moi alterado pola grande urbanización: durante o inverno é común o fenómeno da inversión térmica, cando a polución sobe co ar quente durante o día e dece co ar frío durante a noite, permanecendo sobre a zona urbana sen dispersarse, debido á falta de ventos. O estado de São Paulo atinxiu un récord de baixa temperatura e, en 1918, onde a temperatura chegou a -7,6 °C na rexión da Avenida Paulista e en temperaturas moito máis baixo en áreas residenciais, como Santo Amaro daquel distrito, que rexistrou -9,8 °C no mesmo día.

EconomíaEditar

 
Mariña na cidade de Ubatuba, litoral norte do estado.

É o estado máis desenvolvido do país, representa máis de 30% do Produto Interior Bruto brasileiro. O estado ten como base principal da súa economía a industria (metalurxia, mecánica, automóbiles e as súas pezas, equipamentos mecánicos, electrónicos, telecomunicacións, produtos químicos, plásticos, alcol etc), despois os servizos (incluíndo o sector financeiro) e o comercio. Pero tamén a súa agricultura e gandería son moi importantes e modernas.

As industrias concéntranse na megalópole de São Paulo (formada polas rexións metropolitanas de São Paulo, Campinas e Baixada Santista), na rexión de Sorocaba, en São Carlos, Ribeirão Preto e no Val do río Paraíba do Sul.

Súa agricultura e gandería tamén son bastante modernas: produce laranxa e zume de laranxa para o mercado interno e externo, e cana de azucre, café e algodón para o mercado interno. A cana de azucre é principalmente plantada para a produción de alcol, moi usado en todo o Brasil como biocombustible.

A capital do estado é tamén un importante centro financeiro do país, abrigando as sedes de importantes institucións bancarias brasileiras e estranxeiras con filiais no Brasil. A Avenida Paulista, na capital do estado, concentra a sede de bancos brasileiros como o Itaú, e as matrices brasileiras de bancos estranxeiros, como o Santander e Citibank, ademais de abrigar a poderosa Federación das Industrias do Estado de São Paulo (FIESP), que representa os intereses das grandes industrias instaladas no estado. A BOVESPA (Bolsa de Valores do Estado de São Paulo) é tamén a máis importante da América do Sur.

TurismoEditar

O estado posúe tamén locais turísticos e boa infraestrutura para recibir visitantes, inda que non sexan tan famosos en todo o mundo coma o Río de Xaneiro: cidades de praia (São Sebastião, Ubatuba, Bertioga, Santos, Sao Vicente, Peruíbe), cidade de montaña (Campos do Jordão), estancias de augas minerais (como Serra Negra, Águas de São Pedro, Águas de Lindóia, Lindóia) e outras. A propia cidade de São Paulo recibe turistas, ata mesmo doutros estados, que visitan o comercio especializado da capital, as exposicións nos seus museos, ou os eventos periódicos, como a competición de Fórmula 1 (Grande Premio do Brasil) que ocorre todos os anos no Autódromo de Interlagos.

TransporteEditar

EstradasEditar

 
Rodovia dos Bandeirantes, considerada a mellor estrada do Brasil pola Confederación Nacional do Transporte.[1]
 
Aeroporto Internacional de São Paulo, en Guarulhos, o aeroporto internacional con máis movemento do Brasil.

O estado de São Paulo posúe unha malla rodoviaria con máis de 32.000 km de vías asfaltadas, representando cerca do 17% do total da rede asfaltada do Brasil[2][3]. As estradas paulistas están consideradas as máis modernas e mellor conservadas do Brasil. A Confederação Nacional do Transporte, nunha enquisa realizada no 2006, divulgou unha clasificación que coloca as estradas de São Paulo, en comparación a outras estradas brasileiras como a mellor en termos de estado xeral de conservación[4][5]. A administración dalgunhas estradas do estado foi transferida á iniciativa privada a partir do final da década de 1990. As empresas vencedoras do proceso licitatorio foron obrigadas a realizar unha serie de investimentos e a cumprir metas de calidade mais, a pesar da melloría nas estatísticas de accidentes[6], a cobranza da peaxe provoca críticas ao modelo de privatización.[7]

AeroportosEditar

São Paulo posúe tres grandes aeroportos, sendo dous internacionais:

Portos marítimosEditar

 
Mapa da rede ferroviaria do estado de São Paulo.

O estado posúe dous portos:

FerrocarrilEditar

São Paulo posúe máis de 5.000 km de ferrovías (outrora operados pola extinta estatal Ferrovia Paulista SA), que se estenden desde as marxes do río Paraná até o porto de Santos, destinados ao transporte de carga. A rexión metropolitana de São Paulo posúe unha rede ferroviaria de 257 km, composta por 6 liñas e 84 estación, sendo operada pola Companhia Paulista de Trens Metropolitanos.

MetroEditar

O metro de São Paulo é un dos máis eficientes e novos do mundo. Son 61,3 km de metro distribuídos en catro liñas e 55 estacións, sendo diariamente transportados aproximadamente 3 millóns de pasaxeiros por esas liñas[9].

NotasEditar

  1. "Pesquisa Rodoviária 2006 - Confederação Nacional de Transporte - Rodovia dos Bandeirantes" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 31 de xullo de 2009. Consultado o 03 de febreiro de 2010. 
  2. Departamento de Estradas de Rodagem de São Paulo. "Malha rodoviária do estado de São Paulo". Arquivado dende o orixinal o 23 de agosto de 2011. Consultado o 3 de febreiro de 2010. 
  3. Portal do goberno do estado de São Paulo. "Investimentos.SP". Arquivado dende o orixinal o 12 de xaneiro de 2009. Consultado o 3 de febreiro de 2010. 
  4. Confederação Nacional de Transportes. "Release - Pesquisa Rodoviária CNT 2006". Arquivado dende o orixinal o 08 de xaneiro de 2009. Consultado o 3 de febreiro de 2010. 
  5. Confederação Nacional de Transportes. "Ranking - Pesquisa Rodoviária CNT 2006". Arquivado dende o orixinal o 08 de xaneiro de 2009. Consultado o 3 de febreiro de 2010. 
  6. ARTESP. "Rodovias Concedidas". Arquivado dende o orixinal o 23 de agosto de 2011. Consultado o 3 de febreiro de 2010. 
  7. Portal Globo de notícias. "Pedágio de SP é 57% mais caro que de rodovias federais". Consultado o 3 de febreiro de 2010. 
  8. 8,0 8,1 8,2 8,3 "Infraero – Movimento nos Aeroportos". Arquivado dende o orixinal o 10 de xuño de 2010. Consultado o 03 de febreiro de 2010. 
  9. http://www1.folha.uol.com.br/folha/cotidiano/ult95u304435.shtml Folha Online

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar

Ligazóns externasEditar