O biocombustible é o termo para denominar calquera tipo de combustible que derive da biomasa -organismos recentemente vivos ou os seus refugallos metabólicos, tales como o esterco da vaca-. Os restos orgánicos foron a primeira fonte de enerxía que coñeceu a humanidade: a madeira ou os excrementos secos son biocombustibles.

Se se administra ben, a madeira dos bosques pode ser un recurso renovable. Deste xeito propúxose a biomasa como fonte de enerxía. Unha destas biomasas sería a lavra de madeira (un exemplo), produto da limpeza dos bosques ou ata da súa explotación racional.[Cómpre referencia]

A cana de azucre, produtora de bioetanol

Os combustibles de orixe biolóxica poden substituír parte do consumo dos combustibles fósiles tradicionais (petróleo, carbón). Os biocombustibles máis usados e desenvolvidos son o bioetanol e o biodiésel.

Regulación

editar

En España existe un tipo impositivo especial para biocarburantes de cero euros por 1000 litros. O tipo especial aplicarase exclusivamente sobre o volume de biocarburante aínda cando este se utilice mesturado con outros produtos.[Cómpre referencia]

Considéranse como biocarburantes os seguintes produtos:

  • O alcohol etílico, producido a partir de produtos agrícolas ou de orixe vexetal (bioetanol) definido no código NC 2207.20, xa for utilizado como tal ou previa modificación química.
  • O alcohol metílico (biometanol), definido no código NC 2905.11.00 e obtido a partir de produtos de orixe agrícola ou vexetal, xa for utilizado como tal ou previa modificación química.
  • Os aceites vexetais definidos nos códigos NC 1507, 1508, 1510, 1511, 1512, 1513, 1514, 1515 e 1518, utilizados como tales ou previa modificación química.

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar