Combustíbel de algas
O combustíbel algal, tamén denominado combustíbel de algas, oleoalgal, oilgae,[1] algaeoleum ou biocombustíbel de terceira xeración, é un biocombustíbel fabricado a partir dos produtos das algas.
Un equipo de expertos da Universidade de Xaén, encabezado por Sebastián Sánchez Villasclaras, iniciou un estudo de investigación dirixido á limpeza de augas residuais terciarias a través da microalga Botryococcus braunii, que produce grandes cantidades de hidrocarburos líquidos. As empresas de capital risco dos Estados Unidos decidiron deixar de apoiar o etanol procedente do cultivo de millo e investir en produtores que utilicen algas.[2]
O reto da produción a grande escala de microalgas con fins enerxéticos foi asumido a escala global por un gran número de empresas, e os avances neste campo prodúcense con rapidez. Algúns exemplos son o anuncio, realizado pola empresa Solazyme, de produción do primeiro queroseno de aviación producido a partir de biomasa de algas; a iniciativa do Carbon Trust británico destinando 26 millóns de libras ao desenvolvemento destas tecnoloxías ou tamén o interese do DARPA norteamericano nas aplicacións no ámbito militar.[3]
Actualmente, o desenvolvemento en España de tecnoloxías de produción de algas para o seu uso enerxético comeza a saír do ámbito da investigación pura co anuncio da posta en marcha das primeiras plantas comerciais. Estas son as de Mutxamel, que promove a empresa alicantina BFS co obxectivo de producir enerxía eléctrica nunha instalación de 30 MW de potencia, e a de Xerez da Fronteira, onde Aurantia, a través da sociedade Celulosa Investment, pretende producir biocarburantes e outros produtos nunha instalación que serviría á vez como sumidoiro de parte do CO2 emitido pola fábrica de cemento que Holcim ten nesa localidade andaluza.
Notas
editar- ↑ http://www.oilgae.com/ Oil from Algae.
- ↑ http://www.ecoticias.com/20081021-los-inversores-estadounidenses-apuestan-por-los-biocombustibles-de-segunda-generacion.html Arquivado 24 de febreiro de 2009 en Wayback Machine. Investidores estadounidenses apostan polos biocombustibles de segunda xeración.
- ↑ http://www.idae.es/index.php/mod.noticias/mem.detalle/id.51/relcategoria.121/relmenu.75 Arquivado 08 de marzo de 2016 en Wayback Machine. Eminentes investigadores, tecnólogos e empresas reúnense en Madrid nunha Xornada Técnica Internacional sobre el aproveitamento enerxético das microalgas.
Véxase tamén
editarOutros artigos
editar- Biocombustíbel.
- Biorreactor.
- Congreso Nacional de Acuicultura .
- Cultivo de algas.
- Dunaliella tertiolecta .
- Ecofuel.
- Fotobiorreactor.
- Fundación CIDAUT.
- Instituto Español de Oceanografía.
- IRTA (Instituto de Investigación y Tecnologías Agroalimentarias de Tarragona).
- Kombu.
- Laminaria.