Instituto Español de Oceanografía

Centro do IEO de Santander.

O Instituto Español de Oceanografía (IEO) é un organismo autónomo dependente do Ministerio de Educación de España dedicado á investigación científica oceanográfica e ó asesoramento do goberno nas materias da súa competencia, como a xestión racional e a protección do medio mariño.

A súa publicación principal é o Boletín. Instituto Español de Oceanografía, unha revista científica de resultados que se publica, aínda que con distintas cabeceiras, desde 1916.

FunciónsEditar

Funcionalmente divídese en tres áreas, dedicadas ós recursos pesqueiros, a acuicultura e a conservación do medio mariño.

O Instituto orienta as súas investigacións preferentemente ós problemas relativos á explotación dos recursos pesqueiros e á contaminación. Como organismo gobernamental, representa a España nas negociacións internacionais, incluídas as bilaterais con países como Mauritania, Marrocos ou Canadá, países con caladoiros nos que faenan barcos españois. Tamén representa ó estado nas negociacións multilaterais, no seo das diversas comisións internacionais.

MediosEditar

CentrosEditar

Como organismo estatal conta cunha rede de centros distribuída por todo o territorio estatal. A sede central encóntrase en Madrid. Os seus centros de investigación son:

FrotaEditar

O Instituto posúe nestes momentos (2020) unha frota de cinco buques oceanográficos (ademais doutras embarcacións menores) de entre 14 e 65 m de eslora:

Todos eles están dotados dos máis modernos sistemas electrónicos de navegación e situación, así como dos medios necesarios para recoller muotras, tanto de auga como de sedimentos, de determinación de variábeis físicas e químicas da auga de mar, así como para os estudos de flora e fauna mariña. A actividade destes buques, como os do resto do MICINN, está coordinada no marco da Comisión de Coordinación e Seguimento da Actividade dos Buques Oceanográficos (COCSABO), cuxa Secretaría recae no IEO desde a creación en 2003 desta comisión interministerial.[1]

HistoriaEditar

O IEO foi fundado en 1914 por Odón de Buen, partindo da integración da Estación de Bioloxía Mariña de Santander, fundada en 1886 e dependente da Universidade de Valladolid, o laboratorio de Porto Pi (Mallorca), que el mesmo creara en 1906 desde o seu posto de catedrático da Universidade de Barcelona, e a estación de Málaga. No momento da creación do Instituto sumáronse dous novos laboratorios, o de Vigo o de Tenerife.

O Instituto pasou por tempos difíciles durante a guerra civil e nas décadas seguintes, operando con recursos mínimos pero mantendo a presenza de España nos organismos internacionais. A partir dos últimos anos da década dos 70, os recursos e as atribucións aumentaron, ampliándose o número de traballadores en 1986. Ó longo da súa historia o IEO dependeu de moi diversos ministerios, estando actualmente adscrito á Secretaría de Estado de Universidades e Investigación do Ministerio de Educación, Política Social e Deporte.

NotasEditar

  1. Istituto Español de Oceanografia. Flota. Consultada o 12 de maio de 2020.

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar