Abrir o menú principal

São Vicente, São Paulo

Município da Estância Balneária de São Vicente
Bandeira de Sao Vicente(Sao Paulo).jpg Brasao de Sao Vicente(Sao Paulo).png
Estado São Paulo
Superficie 148,4 km²
Poboación
Densidade
329 370 (2006)
2.219,1 hab./km²
Latitude 23° 57' 35" S
Lonxitude 46° 23' 15" W
Altitude 5 m
Distancia de São Paulo 73 km
Código postal (CEP) 11300-000
Administración local Prefeitura Municipal de São Vicente - Rua José Bonifácio, 404
Internet http://www.saovicente.sp.gov.br
Alcalde (Prefeito) Tércio Garcia
Mapa da cidade en São Paulo
SaoPaulo Municip SaoVicente.svg

São Vicente é unha cidade litoránea do estado de São Paulo, sitúada a 73 km de súa capital e veciña da cidade portuaria de Santos. Foi a primeira cidade fundada polos portugueses no Brasil, o que foi feito por Martim Afonso de Souza en 22 de xaneiro de 1532. A primeira cámara municipal das Américas foi establecida na cidade en 22 de agosto daquel mesmo ano.

A cidade ocupa a porción oeste da Illa de San Vicente, a cal divide coa cidade de Santos. A súa principal actividade económica hoxe é o turismo en súas praias e nalgúns monumentos históricos. O comercio e os servizos da cidade son utilizados máis polos seus propios moradores ou por turistas. Únese coa cidade de Santos por varias rúas (Santos e Sao Vicente son, fisicamente, unha única aglomeración urbana), coa de São Paulo polas estradas Via Anchieta e Rodovia dos Imigrantes, e con outras cidades do litoral de São Paulo pola estrada SP-55 (Rodovia Padre Manoel da Nóbrega, e Rodovia Piaçagüera-Guarujá).

Fonte Biquinha de Anchieta, que existe dende 1553 e foi a primeira fonte pública de auga da cidade.