Río Paraíba do Sul

O río Paraíba do Sul e un río brasileiro que nace no estado de São Paulo, percorre unha parte do sueste de Minas Xerais, fai o linde natural deste estado co de Río de Xaneiro, e desemboca no océano Atlántico. A súa cunca hidrográfica está situada entre as latitudes 20°26' e 23°39'S e as lonxitudes 41° e 46°30'W e ten unha área duns 57.000 km², que se espalla polos tres estados.

Río Paraíba do Sul
País Brasil
Nacementoestado de São Paulo
Conca57.000 km²
DesembocaduraOcéano Atlántico
Ríos do leste do Brasil; véxase no mapa o río Paraíba do Sul.

Localización e características editar

A rexión do río Paraíba do Sul (tamén coñecido como río Paraíba) encóntrase hoxe cos seus ecosistemas moi alterados. A foresta orixinal (coñecida como Mata Atlántica) actualmente só existe en parques e reservas forestais. O propio río ten o seu curso mudado por sucesivas represas, destinadas a abastecer de auga e electricidade as poboacións veciñas, incluíndo as grandes cidades do seu vale nos estados de São Paulo e Río de Xaneiro, e tamén a rexión metropolitana da cidade de Río de Xaneiro. A grande actividade industrial e as poboacións nas súas marxes botan nel unha importante cantidade de polución.

A rexión central do Val do Paraíba foi a primeira gran rexión produtora de café no Brasil no século XIX, coa súa economía baseada en grandes propiedades rurais e no traballo escravo. Coa perda de importancia da súa produción cafeteira para o interior do estado de São Paulo, houbo un estancamento económicoa. Despois da creación da Compañia Siderúrxica Nacional (a primeira fábrica de aceiro do Brasil, creada por Getúlio Vargas no 1943) a rexión pasou por un proceso de industrialización que a transformou nunha das máis importantes rexións industriais do Brasil.

O val do río Paraíba do Sul é atravesado polo ferrocarril Estrada de Ferro Central do Brasil e pola estrada Rodovia Presidente Dutra, que ligan a rexión coas cidades do Río de Xaneiro e de São Paulo.

Cidades máis grandes do val do Río Paraíba do Sul editar

No estado de São Paulo

No estado do Río de Xaneiro

No estado de Minas Xerais

  • Juiz de Fora (xunto ó río Paraibuna, afluente do Paraíba do Sul)
  • Além Paraíba