Mato Groso do Sur

estado federado do Brasil

Mato Groso do Sur (en portugués, Mato Grosso do Sul) é un estado brasileiro localizado ó sur da rexión Centro-Oeste. Ten como límites: Mato Groso ó norte, Goiás ó nordeste, Minas Xerais e São Paulo ó leste, Paraná ó sueste, o Paraguai ó sur e suroeste, e Bolivia ao oeste. Ocupa unha superficie de 358.158,7 km². A capital é a cidade de Campo Grande. Outras cidades importantes son: Dourados, Corumbá e Três Lagoas.

Mato Groso do Sur
Mato Grosso do Sul
Bandeira de Mato Groso do Sur
Escudo de Mato Groso do Sur
BandeiraEscudo
Mato Grosso do Sul in Brazil.svg
Himno: Hino do estado de Mato Grosso do Sul
EstadoFlag of Brazil.svg Brasil
CapitalCampo Grande
 • Poboación556.298 (2011)
Lingua oficialPortugués
Forma de gobernoEstado
Gobernador
Eduardo Corrêa Riedel (Partido da Social Democracia Brasileira)
Fundación1 de xaneiro de 1979
SuperficiePosto 6º
 • Total357.124 km²
 • % augan/d
Fronteirasn/d km
Costas0 km
PoboaciónPosto 21º
 • Total2 505 088 (2012) hab.
 • Densidade7 hab./km²
XentilicioMatogrosense do sur, guaicuru
Fuso horarioBRT-1 (UTC-4)
 • Horario de veránBRST-1 (UTC-3)
Dominio de Internet.br
Código ISOBR-MS
Estados do Brasil

O ecosistema do Pantanal ocupa o extremo oeste do Estado; as planicies ocupan o noroeste; e as mesetas con escarpados das Serra da Bodoquena, o leste. Os ríos Paraguai, río Paraná, Paranaíba, Miranda, Aquidauana, Taquiri, Negro, Apa e Correntes son os ríos principais.

EconomíaEditar

A súa economía baséase na agricultura (soia, millo, algodón, arroz, cana de azucre); na gandería; na minería (ferro, manganeso, pedra calcaria); e na industria alimenticia, de cimento e mineira.

O turismo ten grande potencial no estado, grazas ás paisaxes naturais do Pantanal e da cidade de Bonito.

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar

Ligazóns externasEditar