Dourados
Dourados é unha cidade do estado brasileiro de Mato Groso do Sur situada a 225 km ao sur da súa capital, Campo Grande.
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Brasil | ||||
Unidades da federación | Mato Groso do Sur - Mato Grosso do Sul | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 243.368 (2022) (59,56 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 4.086,387 km² | ||||
Altitude | 430 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Creación | 1935 | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 79800-000 | ||||
Prefixo telefónico | 67 | ||||
Código de concello do Brasil | 5003702 | ||||
Páxina web | dourados.ms.gov.br |
As súas principais actividades económicas son a agricultura e a creación de animais: é o principal produtor de millo e mel de abella do estado, e o segundo en produción de soia, feixón, en granxas de porcos, polos e galiñas. Tamén produce ovos, trigo, leite, e ten criadeiros de verme da seda. As industrias locais son principalmente de transformación de produtos agropecuarios, sobre todo alimentos, como a FRANGOSUL.
Dourados non ten moitos atractivos turísticos naturais. Aínda así, posúe 32 hoteis para recibir os visitantes atraídos pola súa exposición agropecuaria (EXPOAGRO), ou polos eventos científicos da súa universidade, ou tamén polo Campionato Brasileiro de Motocross, ou mesmo que a utilizan como escala en viaxes ata Pedro Juan Caballero, no Paraguai, ou para o turismo de negocios (comerciantes que se dirixen á rexión para comprar produtos agropecuarios e pernoitan na cidade). Polo seu tamaño, a cidade funciona tamén como un pólo de comercio e servizos para municipios veciños.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Dourados |