Corrosión
Cando un material se combina co osíxeno experimenta unha reacción de oxidación formándose os óxidos correspondentes. Cando esta oxidación ten lugar nun medio húmido ou agresivo recibe o nome de corrosión.
A corrosión é moi perigosa para os materiais por exemplo nas aliaxes de ferro con carbono, a película de óxidos é débil, destrúese con facilidade e a oxidación continua cara ao interior da peza provocando fisuras ou mesmo roturas