Acueduto de les Ferreres

O Acueduto de les Ferreres (en catalán: Aqüeducte de les Ferreres), en ocasións denominado tamén de Pont del Diable (Ponte do Diaño), é unha arcada romana que forma parte do acueduto que fernecía auga dende o río Francolí á cidade de Tarraco (Tarragona), dende unha distancia de 25 quilómetros. A arcada está situada nos arredores da cidade de Tarragona, (Cataluña, España) que foi designada «Patrimonio da Humanidade» pola Unesco, grazas a que é un dos monumentos da época romana que se conservan en extraordinario bo estado.

Conxunto arqueolóxico de Tarraco
Acueduto romano de Les Ferreres ou Pont del Diable, que fornecía auga a Tarraco dende a época de Augusto.
Patrimonio da Humanidade - UNESCO
PaísCataluña Cataluña (España)
LocalizaciónTarragona, 41°08′44″N 1°14′38″L / 41.14556, -1.24389
TipoMonumento hiostórico
Criteriosii, iii
Inscrición2000
Rexión da UNESCOEuropa
Identificador875rev
Vista esquemática do Acueduto de les Ferreres.

Historia editar

O acueduto foi construído no século I a.C. por Augusto e fornecía auga dende o río Francolí á cidade de Tarraco, capital da provincia romana Hispania Citerior Tarraconensis que abarcaba, na súa época de máximo esplendor, dúas terceiras partes da Península Ibérica (incluíndo nalgunhas épocas á Gallaecia). Utilizouse até ben entrado o século XVIII.

Características editar

Situado a 4 quilómetros ao norte da cidade. Mide 217 metros de longo e 27 metros de altura máxima. Ten dous niveis con arcos superpostos e construído en obra de perpiaños unidos en seco. Distan 40 centímetros de desnivel desde a súa parte norte á parte sur, o que facilitaba o discorrer da auga até a vila.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar