Arco de Berà
O Arco de Berà (a miúdo escrito como Arco de Bará) é un arco de triunfo situado a uns 20 km ao norte da cidade de Tarragona, en Cataluña, preto de Roda de Berà. O arco atópase sobre o trazado do que foi a vía Augusta, actualmente sobre a estrada nacional 340. O arco de Berà é un dos elementos do Conxunto arqueolóxico de Tarraco, declarado Patrimonio da Humanidade pola Unesco.
Arco de Berà | |
---|---|
![]() | |
Patrimonio da Humanidade - UNESCO | |
País | ![]() |
Localización | 41°10′22.9″N 1°28′07.3″L / 41.173028, -1.468694Coordenadas: 41°10′22.9″N 1°28′07.3″L / 41.173028, -1.468694 |
Tipo | Mixto |
Criterios | ii, iii |
Inscrición | 2000 |
Rexión da UNESCO | Europa |
Identificador | 875 |
O seu nome derivaría do conde Berà. Trátase dun arco honorífico constituído por un corpo central sobre un podio decorado con falsas pilastras acanaladas que culminan en capiteis corintios. Ten unha única apertura en arco de medio punto e a parte superior da construción culmina cun entaboamento formado por arquitrabe, friso e cornixa. O monumento está feito de pedra calcaria, seguramente proveniente da rexión.
A construción data da época do emperador Augusto, cara ao 13 a.C. Suponse que foi dedicado a Augusto ou ao seu xenio e que serviu para marcar os límites territoriais que dependían de Tarraco.
Galería de imaxes Editar
Véxase tamén Editar
Véxase tamén Editar
Outros artigos Editar
- Conxunto arqueolóxico de Tarraco
- Circo romano de Tarraco
- Anfiteatro de Tarraco
- Acueduto de les Ferreres
- Muralla de Tarragona
- Torre dos Escipións
- Teatro romano de Tarraco
- Foro romano de Tarraco
- Cemiterio paleocristián de Tarragona
- Canteira romana de El Médol
Ligazóns externas Editar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Arco de Berà |