Torre dos Escipións
A Torre dos Escipións (en catalá, Torre dels Escipions), é unha torre funeraria construída polos romanos nos arredores de Tarraco, antiga cidade romana que se corresponde coa actual cidade de Tarragona (España). A torre dos Escipións é un dos elementos do «Conxunto arqueolóxico de Tarraco», declarado Patrimonio da Humanidade pola Unesco, sendo identificada a torre co código 875-010. É unha das tres torres funerarias romanas mellor conservadas da Península Ibérica, coa Torre Ciega (Cartaxena) e a Torre de Sant Josep (La Vila Joiosa).
Conxunto arqueolóxico de Tarraco | |
---|---|
![]() Torre dos escipións | |
Patrimonio da Humanidade - UNESCO | |
País | ![]() |
Tipo | Cultural |
Criterios | II, III |
Inscrición | 2000 |
Rexión da UNESCO | Europa e América do Norte |
Identificador | 875rev |
HistoriaEditar
Construída na metade do século I dC, a seis quilómetros da cidade de Tarraco, capital da Hispania Citerior, no trazado da Vía Augusta, a calzada romana que atravesaba toda a Península desde os Pireneos ata Gades, (Cádiz), é un dos monumentos funerarios máis importantes da época romana que aínda se conservan en toda a península ibérica.
Características arquitectónicasEditar
É un monumento turriforme, con tres plantas superpostas en forma decrecente. Está construído con perpiaños rectangulares. No corpo intermedio hai dous relevos que representan ao deus de Frixia Atis divindade da morte e a resurrección, fillo de Pessinunte e ademais no mesmo nivel atópase unha cámara funeraria que acubillaba o enxoval do defunto. Mide na súa base 4,40 x 4,70 m..
CuriosidadesEditar
As seccións de curiosidades e anécdotas deben ser evitadas. Axude a mellorar este artigo, integrando no corpo do texto as informacións relevantes e verificadas e retirando as superfluas ou impropias. |
O seu nome provén dun erro na identificación dos dous relevos do deus Atis que durante anos se identificáronse como os dos irmáns Escipión.
Véxase taménEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Torre dos Escipións |
Outros artigosEditar
- Conxunto arqueolóxico de Tarraco
- Circo romano de Tarraco
- Anfiteatro de Tarraco
- Acueduto de les Ferreres
- Arco de Berà
- Muralla de Tarragona
- Teatro romano de Tarraco
- Foro romano de Tarraco
- Cemiterio paleocristiano de Tarragona
- Canteira romana de El Médol